CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


12050 votos
Xa votaches!


07-07-2009

Presentación da obra colectiva "Sobre o racismo lingüístico"

Sobre o racismo lingüísticoO xoves 9 de xullo, ás 20.00 h, terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña a presentación do libro "Sobre o racismo lingüístico", obra colectiva que inclúe análises de diversos temas como prexuízos lingüísticos, lexitimidade lingüística, etc. Na presentación participarán Pilar García Negro, Celia María Armas, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín, Francisco Rodríguez e Luís Villares Naveira.

PRESENTACIÓN
DÍA: xoves 9 de xullo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Paraninfo da Universidade da Coruña. Rúa da Maestranza s/n. A Coruña

PRESENTACIÓN EDITORIAL
Queremos demostrar, en primeiro lugar, que as galegas e os galegos estamos vivas e vivos; que aspiramos a seguilo estando, na nosa Terra e coa lexítima propiedade da lingua galega. En segundo lugar, non aceptamos resignadamente que se nos inoculen doses mortais de amnesia, que derrame ou vaporice tantos anos -décadas- de loita pacífica, democrática e pedagóxica a prol do idioma, coas únicas armas que el nos dá: as palabras, os significados recuperados e a forza da razón e da devolución do que nos foi extirpado. En terceiro lugar, en fin, porque é xa anacronismo sobexo e insolencia demasiada termos que aturar, transcorrida case unha década do século XXI, o revival de vellos e resesos prexuízos, de exclusións antigas disfrazadas, en camuflaxe oportunista, de proscricións modernas.

AUTORAS/ES
María Pilar García Negro (ed.), Celia María Armas García, María Pilar García Negro, Manuel Ferreiro Fernández, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín Rei, Francisco Rodríguez Sánchez, Luís Villares Naveira.

EDITORIAL
Edicións Laiovento

ISBN
84-8487-160-6

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego