CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8888 votos
Xa votaches!


06-10-2009

I Xornada Dobraxe e Idioma

Xornada Dobraxe e Idioma
A Asociación Profesional da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (APRADOGA) organiza a 1ª Xonada de dobraxe e idioma, que terá lugar o 31 de outubro de 2009 no Pazo da Peregrina (Bertamiráns-Ames)


A xornada desenvolverase en catro mesas de traballo, cuxo fío condutor será o papel da dobraxe como instrumento normalizador. O programa é o seguinte:


10:00 Presentación. Antón Rubal, presidente de Apradoga

10:05 1º mesa: A tradución audiovisual. Moderador: Tacho González. Relatores: Xoán Montero, Facultade de Tradución e Interpretación de Vigo; Rosa María Moledo, tradutora de textos para dobraxe desde 1991; Xerardo Couto, filólogo, adaptador, actor e director de dobraxe.

11:50 Receso

12:10 2ª mesa: Adaptación, corrección e desenvolvemento Moderador: Carlos Jiménez. Relatores: Elisa Fernández Rei, filóloga e profesora da USC; Ramón Novo, asesor lingüístico da TVG; Charo Pena, actriz e directora, axustadora e adaptadora de textos

13:55 Remate xornada da mañá

14:00 Xantar

16:00 3ª mesa: A dobraxe como instrumento normalizador. Moderadora: Teresa Santamaría. Relatores: Raúl Veiga, guionista e director de cine; Luís Iglesia, actor; Xosé Manuel Fernández Castro, profesor de lingua galega e actor

17:45 Receso

18:05 4ª mesa: Presente e futuro do idioma galego. Moderadora: Charo Pena. Relatores: Mauricio Castro, filólogo, escritor e profesor da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol; Henrique Monteagudo, escritor, sociolingüista e profesor da USC; Xosé Ramón Freixeiro Mato. filólogo, escritor e profesor da Universidade da Coruña

19:50 Clausura

INSCRICIÓN
O custo da inscrición é de 15 euros para os/as socios/as de APRADOGA e de 18 para os/as non socios/as. Este prezo inclúe a asistencia as 4 mesas de traballo da xornada, o servizo de cafetaría e o xantar.

Para inscribirse é necesario poñerse en contacto co departamento de INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS no teléfono 670 439 449 ou en apradoga@gmail.com antes de realizar ningún tipo de ingreso bancario.

O programa completo está nesta ligazón.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego