13-10-2009Recursos para a lingua. Un proxecto do SNL do Concello de Cerceda para difundir entre o persoal
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cerceda está a traballar nun recurso interactivo para difundir entre o persoal do Concello e entre todas as persoas interesadas: os Recursos para a lingua.
O principal obxectivo é achegar unha serie de recursos para reforzar a competencia lingüística do persoal a través de fornecer algunhas ligazóns relacionadas coa lingua, como dicionarios, manuais de dúbidas ou de estilo, correctores ortográficos…
O recurso consiste nun CD que se distribuirá entre os traballadores e traballadoras e aínda que, ao mesmo tempo, tamén estará instalado na rede interna do Concello.
O multimedia está dividido en diferentes seccións: dicionarios e vocabularios, linguaxe administrativa, recursos electrónicos, lexislación e outras ligazóns. En cada unha delas achegamos as ligazóns e documentos na rede máis importantes.
Polo momento, o recurso está en fase de elaboración e pode descargarse na
Forxa de Mancomún, tanto en formato .ISO para copiar nun cedé como en .ZIP para modificar. Ao mesmo tempo, estase a elaborar un pequeno manual para que todas aquelas persoas que queiran modificar o recurso e adaptalo, por exemplo, ao seu lugar de traballo, poidan facelo. Este manual está dispoñíbel
nesta ligazón [.
pdf].
Nas vindeiras semanas, o recurso distribuirase entre o persoal do Concello de Cerceda.