CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


11530 votos
Xa votaches!


20-10-2009

Representantes de 40 concellos da Coruña reúnense en Mariñán para avanzar na promoción do galego desde as administracións locais

III Encontro de política lingüística desde as administracións locais

III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da CoruñaArredor de 80 persoas, entre alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as e técnicos/as de normalización lingüística, en representación duns 40 concellos da provincia da Coruña, reuniranse este mércores 21 de outubro no Pazo de Mariñán (Bergondo) para participar no III Encontro de política lingüística desde as administracións locais, unha xuntanza promovida pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e organizada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

A xornada foi presentada na sede da institución provincial polo presidente da CTNL, Nel Vidal, e o deputado Xoán Manuel Sande Muñiz, que destacou as “conclusións positivas” dos anteriores encontros e afirmou que un dos principais obxectivos desta xornada é permitir aos distintos responsábeis políticos e técnicos das administracións locais “pór en común o seu traballo”, compartindo as experiencias desenvolvidas nalgúns concellos, así como analizar novas posibilidades de accións conxuntas.

Pola súa banda, o voceiro da CTNL, Nel Vidal, destacou a importancia do proceso de normalización lingüística “que debe ser protagonizado pola cidadanía e apoiado e promovido polas administracións públicas”. Neste sentido apuntou que, en concreto, “as administracións locais xogan un papel fundamental pola súa proximidade coa cidadanía” e destacou que “co apoio da Deputación da Coruña, creáronse medio centenar de servizos de normalización lingüística” en 50 dos 94 concellos da provincia, polo que agora “cómpre intensificar e fortalecer o seu traballo e a súa visibilidade social”.

Barreiro Rivas, Anxo Lorenzo, Xosé Manuel Pereiro, Bernardo Penabade e Carlos Blanco entre os participantes

O encontro será inaugurado ás 10.15 horas polo deputado responsábel da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, xunto co presidente da CTNL, Nel Vidal Barral.

A partir das 10.30 h a alcaldesa de Vilasantar, Manuela García (BNG), e os alcaldes de Cabana de Bergantiños e Monfero, José Muiño (PP) e Andrés Feal (PSdeG-PSOE), respectivamente, debaterán sobre o que cómpre facer polo galego nos concellos rurais con maioría galegofalante. Estarán moderados polo xornalista e decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Pereiro.

A continuación, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo Suárez, falará sobre a rede de dinamización lingüística da administración autonómica e posteriormente analizaranse as posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións neste ámbito entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, o ex alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Estévez, e o ex conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Luís Barreiro Rivas, falarán sobre a Declaración de Alcaldes de Compostela de 1984, que está de 25 aniversario, e o coordinador do aprobado por unanimidade proxecto de planificación lingüística do concello de Burela, Bernardo Penabade, exporá o programa implementado nesta localidade.

A xornada rematará cun resumo humorístico do tratado no encontro, que comezará ás 18.30 h a cargo do coñecido humorista, actor, presentador e monologuista Carlos Blanco.


Información completa do Encontro

Localización do Pazo de Mariñán


Visualizar o mapa ampliado

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego