CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14146 votos
Xa votaches!


28-10-2009

En galego, con moito gusto. Campaña de dinamización lingüística nos mercados de Ferrol

En galego, con moito gustoO Concello de Ferrol, a través do seu Gabinete de Normalización Lingüística, acaba de poñer en marcha unha campaña para a promoción da presenza social do galego nos mercados, "En galego, con moito gusto", que se desenvolverá até o mes de decembro.

En galego, con moito gusto, é unha campaña para promocionar a presenza social do idioma galego nos mercado municipais de Ferrol que levará a cabo o Concello nos vindeiros meses a proposta do Consello Municipal da Lingua e os seus grupos de traballo. Esta iniciativa desenvolverase ata finais do mes de decembro e ten como obxectivo dinamizar estes puntos a través da nosa lingua.

Esta nova campaña inundará os sentidos coa presenza dos sabores en galego, co gusto e co olor dos produtos de maior calidade favorecendo a identificación do galego coa calidade, os mercados de Ferrol e os seus productos co sabor a galego.

Información, materiais promocionais e agasallos
A campaña desenvolverase até finais de decembro nos mercados, coa súa imaxe e accións, rótulos e paneis informativos, que permitirán coñecer e achegarse á lingua galega e á riqueza do seu vocabulario.

Durante estes meses os/as usuarios/as dos mercados municipais recibirán agasallos útiles para a súa visita aos mercados e para potenciar o uso da nosa lingua, como bolsas, mandís, marca horarios para os coches ou documentación sobre os mercados e os seus produtos frescos. Ademais, os luns e mércores haberá un posto informativo en Recimil e os xoves e sábados na Magdalena, onde os/as usuarios/as poderán recoller un agasallo amosando o seu tícket de compra.

Concurso de receitas
Outra das iniciativas previstas no marco desta campaña é a convocatoria dun concurso de receitas para que todas aquelas persoas que o desexen acheguen a súa experiencia e coñecementos na arte de cociñar con produtos galegos Estas deben ser das modalidades de carne, peixes, sobremesas ou “outros” (legumes, verduras, arroces, pasta, etc). Só poderán participar persoas físicas, quedando pois excluídos, os establecementos de hostalería, bares, restaurantes e asociacións. A receita deberá presentarse redactada en lingua galega nos mercados municipais de Ferrol, no lugar habilitado polas asociacións de mercados ou ben a través do correo electrónico gnl@ferrol.es ou mesmo na web do Concello (www.ferrol.es). As receitas deben ser orixinais ou ben unha adaptación persoal doutras xa existentes e non poden ter sido publicadas anteriormente.

O prazo de presentación comenzará o 2 de novembro e rematará o 30 dese mes. Coas que resulten seleccionadas o Concello editará unha publicación na que figurará o autor ou autora de cada unha delas. Finalmente, o xurado elixirá a receita gañadora en cada modalidade, que recibirá un agasallo.

Implicación de distintas entidades
A campaña En galego con moito gusto conta coa colaboración dos mercados e da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarca e forma parte das iniciativas do Consello Municipal da Lingua no marco do Plan de Normalización Lingüística do Concello, por cuxa reactivación apostou o goberno municipal. O sector dos mercados foi o elixido este ano, xunto co de Deportes, como prioritario para o desenvolvemento de accións encamiñadas a promocionar e avanzar no proceso de normalización da lingua galega na nosa sociedade.

Máis información, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego