CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9316 votos
Xa votaches!


26-11-2009

O Consello da Cultura Galega organiza o Seminario sobre lingua, sociedade e política

Seminario sobre lingua, sociedade e políticaAnte a amplitude, intensidade e relevancia política que están adquirindo os debates sobre a lingua, o Consello da Cultura Galega quere estabelecer foros de debate e reflexión nesta materia. Así, en catro xornadas entre decembro e xuño terá lugar o Seminario sobre lingua, política e sociedade.

As catro xornadas temáticas nas que se divide o seminario son:

1 de decembro de 2009: Análise da situación sociolingüística actual

16 de marzo de 2010: Modelos de oficialidade / linguas e ensino

4 de maio de 2010: Medios de comunicación e ámbito socioeconómico

29 de xuño de 2010: Proposta dun modelo de convivencia para o futuro

A primeira das xornadas desenvolverase o vindeiro martes 1 de decembro coa participación de Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández.

O obxectivo final deste foro de debate é a elaboración dun informe, que conterá unha selección dos relatorios e intervencións, e un texto de conclusións elaborado polos coordinadores, que será sometido á discusión dos participantes. Este informe será tamén elevado ao Consello da Cultura Galega.

A asistencia está restrinxida por convite do Consello da Cultura Galega, mais sempre que a capacidade do espazo o permita a organización poderá atender peticións de asistencia de persoas interesadas.

O programa completo en .pdf pode consultarse aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego