A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria resolveu os premios a proxectos de innovación en normalización lingüística, que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Os premiados deste ano, un total de sete, foron o CEIP Aguiño, de Ribeira, por Mar de mulleres asolagadas; o CEIP A Gándara, de Carballo, co proxecto Mergullados nos mares da palabra; o CEIP A Pedra, de Bueu, polo traballo Galegos e galegas de aquí e acolá; o CEIP Bergantiños, de Carballo, que se presentou con Casas de aquí e acolá; o CEIP Quintela, de Moaña, por En galego pola rede; o IES Menéndez Pidal, da Coruña, polo proxecto A aldea global: Galicia é máis Galicia cando é todos os mundos; e finalmente, o IES Sardiñeira, tamén da Coruña, premiado por LinguaTIC@s.
Debido á calidade e á cantidade de proxectos presentados este ano concedéronse un total de catro accésits, que foron para o IES Félix Muriel, de Rianxo, polo traballo Abrindo portas en galego; para o IES Perdouro, de Burela, que presentou o proxecto Dinamización Lingüística de Burela; para o IES Rodeira, de Cangas, que fixo Vivir en galego. Queremos. Podemos; e mais para o IES Porto do Son, de Porto do Son, polo traballo 2010. Vinte dez.
Podes consultar os traballos premiados e descargar os proxectos
no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.