CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


6453 votos
Xa votaches!


10-12-2009

O 12 de decembro, da mañá á noite Convers-Ando en Vigo

Convers-AndoCambiaGalicia organiza "Da mañá á noite Convers-Ando", unha iniciativa para tentar facer reflexionar á poboación sobre o galego, partindo de actividades lúdicas que terán lugar no barrio do Calvario en Vigo este sábado 12 de decembro.

"Nós, como a maioría da poboación galega, vivimos co galego, no galego, polo galego e gústanos vivir así (ou coñecen a alguén que fale castelán e non diga “concello”, “lixo”, “e logo?”, “pota”...?). O galego, coma o mar de Vigo, abre as portas, pode acoller porque ten raíces, sabe de onde somos e cara onde imos. O galego non é un invento, non é unha materia de instituto, non é algo inútil nin moito menos unha imposición, é a nosa maneira de poder facer o mundo máis rico, é o noso pasado, presente e futuro. Nós non só nos interesamos por falar con quen fica lonxe (porque a sorte de falar galego ábrenos a porta a 200 millóns de persoas de fala portuguesa e nos axuda a aprender máis idiomas!) senón que nos interesamos primeiro por falar con quen temos preto. Como as castañas, é hora de saír do ourizo e deixar atrás os complexos. Aquí estamos para conversar, porque o mellor que se pode facer pola lingua é falala!"

Desde as 10.30 h - Conversas no Mercado do Calvario: conta as túas ideas, deixa as túas mensaxes.

Desde as 17.00 h
Animación para crianzas
Xogos infantís
Unha tarde na peixería
Animación para a mocidade
Safari fotográfico

No serán, desde as 19.30 h, actividades nos bares do Calvario

Toda a información no blog de Convers-Ando

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego