CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8179 votos
Xa votaches!


10-12-2009

I Simposio Internacional "Ecolingua 2009"

Ecolingua 09O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) organiza o I Simposio Internacional Ecolingua, que terá lugar os vindeiros días 17, 18 e 19 de decembro no Centro Social Caixanova de Vigo e no que se analizará a realidade lingüística galega e se darán a coñecer modelos e políticas lingüísticas doutros ámbitos.

Durante tres días medio centenar de especialistas participarán en máis de vinte conferencias e mesas redondas, nas que se analizará a realidade lingüística galega e se darán a coñecer modelos e políticas lingüísticas no ámbito do Estado e no plano internacional.

Por unha banda, farase unha diagnose sobre a situación lingüística galega en ámbitos como os medios de comunicación, a xustiza e a administración, o ensino, as institucións, o mundo da empresa, as culturas emerxentes ou a sociedade civil. Plataformas implicadas no actual debate lingüístico e institucións como a Real Academia Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello da Cultura Galega ou as universidades galegas tomarán parte no simposio, no que, segundo a organización, “é unha aposta, non só polo rigor científico do evento asegurado cos/coas especialistas convidados/as, senón tamén pola pluralidade de opinións que contribuirán a enriquecer o debate e as conclusións do Ecolingua 2009”.

Por outra banda, a análise comparada doutras realidades plurilingües do Estado e do mundo ocuparán unha parte importante dos relatorios cos que se darán a coñecer os casos do Quebec, Finlandia, Gales, Luxemburgo e das linguas eslavas, mentres que especialistas de Cataluña, Euskadi, Valencia e Madrid analizarán o contexto español. A lusofonía terá tamén un apartado especial que será abordado por especialistas portugueses e brasileiros, xunto co avance do documental de Carlos Núñez “Brasil somos nós”.

O Simposio Internacional Ecolingua 2009, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), conta coa colaboración do Concello de Vigo, de Caixanova e da Universidade de Vigo. O prazo de inscrición remata o 16 de decembro e o importe desta é de 30 euros, 15 euros no caso de estudantado das tres universidades.

As conclusións do Simposio serán presentadas o sábado 19 de decembro por Margarita Ledo e a clausura correrá a cargo do presidente do IGEA, Anxo Quintana.
  • Prazo de inscrición: até 16 de decembro.

  • Prezo da inscrición: 30 euros (15 euros o estudantado das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago).
    Ingreso na conta: Caixanova 2080 – 0151 – 12 – 0040029042 (indicando nome e apelidos e coa referencia “Ecolingua 2009”)

  • Está solicitado 1 crédito de libre elección para o alumnado das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.

  • Organiza: Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA). www.igea.eu.com

  • Colaboran: Concello de Vigo, Universidade de Vigo e Caixanova.

Programa e información completa, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego