CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9899 votos
Xa votaches!


15-12-2009

‘Revisar a corrección’ supera as 3.500 descargas en 20 días

DOCUMENTOS CTNL 1

Portada de Revisar a correcciónO primeiro número da colección de documentos electrónicos da CTNL, «Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística», de Manuel Bermúdez Blanco, superou en 20 días as 3.500 descargas, o que demostra a necesidade e interese deste tipo de documentos técnicos de apoio, análise e proposta para facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística.

«Documentos CTNL» é unha colección de documentos electrónicos que naceu co obxectivo de elaborar, compilar e difundir materiais de apoio, análise e proposta para facer máis eficaz o traballo en normalización lingüística.

O primeiro documento electrónico desta colección converteuse en todo un éxito, pois só o primeiro día xa superou as 1.000 descargas e en 20 días superou as 3.500, o que, ante as insuficiencias de formación especializada e de materiais técnicos, demostra a necesidade de cubrir esta carencia con documentos de apoio coma este.

«Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística» [.pdf], de Manuel Bermúdez Blanco, procura reformular os labores de corrección e darlles sentido no proceso social de normalización da lingua galega. Esta formulación baséaa o autor en dous piares: equilibrar os esforzos que os SNL lle dedican á corrección de textos e que a propia tarefa da corrección non quede na simple reparación de erros, senón que persiga a formación dos/as produtores/as dos textos.

Os documentos desta colección publicaranse no sitio web da CTNL en formato .pdf, e estarán editados dun xeito sinxelo e axeitado tanto para seren lidos e consultados en pantalla como para seren impresos en tamaño folio. Os arquivos compilaranse no apartado «Colección Documentos CTNL» de «O Andel da CTNL». A edición dos materiais non terá unha periodicidade concreta, mais a pretensión é editar un ou dous documentos por ano.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego