15-12-2009Xa está en liña DigaTIC, o dicionario galego das TIC
O Dicionario Galego das Tecnoloxías da Información, DigaTIC, desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, xa está dispoñíbel en liña a través de www.digatic.com.
Este dicionario en liña de tecnoloxías da información, DigaTIC, conta con 4.000 termos e nace coa intención de converterse no compendio documental de referencia sobre as novas tecnoloxías.
O dicionario foi desenvolvido pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (
AETG), a través dun comité formado por 30 expertos/as e presidido por Xavier Alcalá. Para a realización contaron ademais coa participación da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo e a Real Academia Galega (RAG).
O seu enderezo:
www.digatic.com.
Cada entrada do DigaTIC, ás que se pode chegar mediante buscas directas ou guiadas, indica a definición, categoría gramatical, sinónimos, exemplos, abreviacións, información complementaria e o termo en galego, portugués, inglés, castelán, francés, italiano e alemán.
O web do dicionario ofrece ademais un apartado de ligazóns de interese sobre novas tecnoloxías e lingua e un formulario para facer suxestións de novas entradas.