CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


6083 votos
Xa votaches!


25-01-2008

A CTNL reclámalles aos concellos de Aranga e Mazaricos modificacións nas condicións dos/as técnicos/as de normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) envioulles aos concellos de Aranga e Mazaricos unha solicitude na que se pide a modificación das bases para a contratación de técnicos/as de normalización lingüística. A solicitude foi presentada por rexistro dirixida aos alcaldes e tamén se lles enviou unha copia a todos os grupos políticos con representación municipal –nos dous casos PP, BNG e PSOE– e á Deputación da Coruña.

Desde a CTNL cremos que a contratación de persoal técnico para normalización lingüística mediante convocatoria pública por parte dos concellos é sempre algo positivo, sobre todo cando non · todos os concellos fan este tipo de contratación mediante convocatoria pública, dándolle publicidade e garantindo os criterios mínimos de igualdade, mérito e capacidade. Por estas razóns, cómpre valorar como positivo o paso dado por estas dúas entidades para contratar, mediante un proceso publicitado, un técnico ou unha técnica de normalización.

Mais, a pesar disto, en ambas as dúas convocatorias hai cuestións graves que cómpren ser modificadas.

No caso do Concello de Aranga, a condición E da base 4.ª (Condicións dos aspirantes) da convocatoria publicada no BOP da provincia da Coruña n.º 13 do mércores 16 de xaneiro de 2008 é, textualmente «Estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente», polo que desde a CTNL solicitamos que para que o Concello poida seleccionar o persoal máis e mellor capacitado para desenvolver as funcións concretas que se sinalan na convocatoria, para optimizar o labor do SNL local e, en definitiva, para contribuír a mellorar o proceso de normalización da lingua galega desde o Concello de Aranga, se modifique esa condición E da base 4.ª para que o requisito das persoas aspirantes sexa «estar en posesión do título de licenciada/o universitaria/o ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes» e que a praza de técnico/a de normalización lingüística sexa ou estea para todos os efectos equiparada ás prazas de grupo A.

Ademais, na solicitude feita tamén se sinalan outras cuestións, como:

· Que é mellor que a contratación se faga mediante un proceso selectivo no que se avalíen os coñecementos e as capacidades reais e prácticas das persoas candidatas para o desenvolvemento das funcións do posto de traballo, e non só mediante un concurso de méritos.

· As retribucións económicas deben ser as mesmas que as de calquera outra praza equiparada ao grupo A ou I, pois o requisito debe ser unha licenciatura.

· No proceso de selección non ten ningún tipo de lóxica valorar os antigos cursos xerais de coñecemento da lingua galega, pois a praza ten que ter un requisitos lingüísticos superiores a eses antigos niveis xerais que se sinalan no punto 2 da base 8.ª (iniciación, perfeccionamento e nivel medio de linguaxe administrativa). Ademais, eses niveis xa foron substituídos segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG do 30 de xullo de 2007).

· Se a praza é de normalizador/a lingüístico/a e as funcións son as que se sinalan na base 3.ª, non ten sentido valorar ao mesmo nivel e coa mesma puntuación no concurso de méritos a experiencia como tradutor/a que como normalizador/a, cando a tradución nin sequera é (nin debería ser) unha das funcións da praza.

No caso do Concello de Mazaricos o punto C da base 2 da convocatoria publicada no BOP da provincia da Coruña n.º 13 do mércores 16 de xaneiro de 2008 é, textualmente: «Estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galego Portuguesa, en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (sección galego portugués); mestre co diploma de especialista en lingua galega ou co diploma do Curso de nivel Superior de linguaxe administrativa galega», polo que desde a CTNL se solicita tamén que para que o Concello de Mazaricos poida seleccionar o persoal máis e mellor capacitado para desenvolver as funcións concretas que se sinalan na convocatoria, para optimizar o labor do SNL local e, en definitiva, para contribuír a mellorar o proceso de normalización da lingua galega, se modifique ese punto C da base 2, e que a condición das persoas aspirantes sexa «estar en posesión do título de licenciada/o universitaria/o ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes».

Ademais, tamén se sinalan outras cuestións, como:

· As retribucións brutas anuais sinaladas no punto 11 da convocatoria non son as correspondentes ao nivel da praza. As retribucións económicas deben ser as mesmas que as de calquera outra praza equiparada ao grupo A ou I, pois o requisito debe ser unha licenciatura.

· Na fase de oposición do proceso de selección non ten ningún tipo de sentido o segundo exercicio proposto que, segundo as bases «consistirá en realizar unha proba de tradución de galego a castelán e de castelán a galego». A tradución non é unha das funcións dos servizos de normalización lingüística, nin en xeral nin no caso do Concello de Mazaricos, tal e como consta no punto 3 das bases publicadas no BOP (Funcións a desenvolver). Polo tanto, non ten sentido incluír no proceso selectivo unha proba sobre unha tarefa que non é función do posto de traballo, e moito menos na dirección galego>castelán. Xa que logo, debe retirarse ese exercicio de tradución e, na súa vez, debe realizarse un suposto práctico sobre algunha das funcións da praza sinaladas no punto 3 da convocatoria (Por exemplo: deseño dun programa de intervención sociolingüística nun sector determinado da poboación; deseño dunha acción normalizadora concreta a proposta do tribunal para a intervención no seo da administración, etc.).

Nas solicitudes remitidas a Aranga e a Mazaricos tamén se sinala que as prazas deberían estabilizarse, e non depender en exclusiva de axudas económicas como as da Deputación da Coruña.

En ambos os dous casos se lles ofrece o apoio e asesoramento da CTNL para o que poidan necesitar, tanto no desenvolvemento dos procesos selectivos como na propia creación ou desenvolvemento das funcións dos SNL dos respectivos concellos.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30 31  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego