26-04-2010A situación do galego nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico, a debate no Consello da Cultura
O vindeiro martes 4 de maio de 2010 terá lugar a terceira sesión do Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia, que xirará arredor da situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico. As persoas que desexen participar poden inscribirse
As persoas que desexen asistir a esta nova sesión poden enviar os seus datos a través do seguinte
formulario. O Consello da Cultura Galega atenderá todas as solicitudes até completar a capacidade do salón. A praza só está garantida cando se recibe un correo de confirmación.
Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia3ª sesión: martes 4 de maio
MEDIOS DE COMUNICACIÓN E ÁMBITO SOCIOECONÓMICO9.30 horas
Economía e lingua(s)
RELATOR:
FRANÇOIS GRIN
UNIVERSITÉ DE GENÈVE
RETRUCANTE:
MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO
11.00 horas
Lingua e desenvolvemento económico desde/para Galicia
RELATOR:
FRANCISCO SANJIAO OTERO. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RETRUCANTES:
ENRIQUE SÁEZ PONTE E GONZALO VÁZQUEZ POZO
12.30 horas
A lingua como ben común
RELATOR:
XOSÉ MANUEL VILLANUEVA PRIETO. CONSORCIO DE SANTIAGO
RETRUCANTES:
MARCOS LORENZO GALLEGO E XOSÉ MANUEL PEREIRO SÁNCHEZ
16.00 horas
Linguas menores e medios de comunicación
RELATOR:
TAPIO VARIS. TAMPEREEN YLIOPISTO
RETRUCANTES:
FRANCISCO CAMPOS FREIRE E XOSÉ RAMÓN POUSA ESTÉVEZ
17.30 horas
Discursos sobre a(s) lingua(s) e ideoloxías lingüísticas nos medios de comunicación
RELATOR:
JOSÉ DEL VALLE. CUNY GRADUATE CENTER
RETRUCANTES:
ANA IGLESIAS ÁLVAREZ E BELÉN REGUEIRA LEAL
Información completa do Seminario en .pdf >