03-05-201026.945, a política lingüística nas candidaturas á Reitoría da USC, entrevista a Manuel Bermejo, etc., no novo número do Cartafol Dixital
Xa está en liña O Cartafol Dixital do SNL da USC, correspondente ao mes de abril. Entre outros contidos, salienta unha entrevista a Manuel Bermejo, información sobre doce novas unidades didácticas da USC, os últimos datos sobre a lingua do IGE, información sobre os programas de política lingüística das candidaturas á Reitoría da USC ou o Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Xa está en liña
O Cartafol Dixital, correspondente ao mes de abril.
Salientan os seguintes contidos:
- Manuel Bermejo, catedrático de Química: "Non dar ciencias en galego por falta de léxico é unha falacia"
- Doce novas unidades didácticas da USC
- 26945 e os últimos datos sobre a lingua do IGE
- Candidaturas, programas e política lingüística
- Pasa a folla: Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro
Ademais , conta coas habituais seccións "Axenda", "Ruxe-ruxe" e "Arriba e abaixo".
O Cartafol Dixital é o boletín de novas sobre a lingua na USC, e está ao dispor de toda a comunidade universitaria para dar a coñecer cantas iniciativas xurdan no seu seo a prol do galego