CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


3130 votos
Xa votaches!


12-05-2010

Tes amante galegofalante? Andas á procura?

Goza coa túa lingua
Un club con máis de 1.200 persoas e outro con case 700. Unhas que andan á procura e outras que manifestan que xa teñen. Todas poñendo a lingua como factor determinante para as relacións de parella. E o Facebook como rede de encontro, contacto, soporte e canle de iniciativas sociais a prol do galego


Son as incipientes ou xa consolidadas redes sociais da Internet un potencial para moitas cousas, e tamén para a dinamización lingüística.

Máis de 22.000 persoas que din que foron educadas en galego e non saíron mal de todo, case 600 que se unen a unha plataforma pola dignificación do pronome átono, máis de 37.000 que se fan seareiras de Luís Tosar agradecendo o Goya en galego, máis de 5.000 que se unen a un grupo de apoio a un decreto que defenda a lingua galega, máis de 3.000 que din estar orgullosas do galego, 750 que son seareiras das señoras que pensan que os seus tomates e a súa lingua son os mellores, case 1.000 ás que lles gustan os e as neofalantes do galego ou máis de 300 que din que a gheada é unha pasada e que o seseo é lindo coma o seo.

Grupos, páxinas, clubs, etc., para a defensa e promoción da lingua galega proliferan polo Facebook con miles de membros.

Dous dos máis recentes destes clubs promocionan a lingua nas ou para as relacións de parella ou a partir desas relacións. Un, un club formado por persoas que buscan parella, mais debe ser galegofalante, e outro formado por persoas que xa teñen ese ou esa amante galegofalante.

Busco amante galegofalante (só solteir@s) é o club formado por, a día de hoxe, 1.275 persoas que andan á procura dunha parella galegofalante. E agora pretende, ademais, ir máis aló da rede, polo que xa teñen convocada unha quedada física: o 17 de maio, ás 11.00 h, antes da manifestación a prol da lingua, nas escaleiras que van dar á Alameda.

Eu xa teño amante galegofalante ;-) é o club das persoas orgullosas da lingua das súas parellas, e a día de hoxe conta con 698 membros.


Algúns grupos e páxinas de Facebook relacionados coa promoción da lingua:

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego