25-06-2010Seminario xurídico-lingüístico da Irmandade Xurídica Galega
No marco da súa III Asemblea Xeral, a Irmandade Xurídica Galega organiza un seminario para contribuír á formación teórica e práctica dos/as operadores/as xurídicos/as que desexen manexarse e desenvolver o seu traballo cotiá en galego. Terá lugar o venres 2 de xullo en Lugo
O obxectivo xeral deste Seminario da
Irmandade Xurídica Galega é contribuír á formación teórica e práctica de todos/as os/as operadores/as xurídicos/as que desexen manexarse e desenvolver o seu traballo cotiá en lingua galega. Pretende ofrecer desde unha perspectiva multidisciplinar as características deste traballo, os fundamentos legais e as ferramentas técnicas existentes que os poden facilitar, a posta en común das experiencias xa existentes e afortalar os vínculos entre as persoas que xa os practican, todo con vistas a facer os esforzos individuais neste eido máis eficientes, co obxectivo último de visualizar plenamente a lingua galega na xustiza, desde todas as perspectivas.
PROGRAMA19.00 h
O estatuto xurídico do galego na Administración de XustizaLuís Villares Naveira, xuíz de Primeira Instancia e Instrución da Fonsagrada
19.20 h
O galego como lingua de traballo na avogacía. Un distintivo de calidade e proximidadeXosé Manuel Fernández Varela. Secretario do Colexio de Avogados de Lugo
19.40 h
A tramitación dos procedementos xudiciais na Administración de Xustiza. A administración sen linguaTareixa Dopico Pita. Funcionaria do Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Lugo
20.00 h
Os recursos informáticos e administrativos para o uso do galego na Administración de Xustiza. Realidade ou ficción?Flora Carpente Leira e Alexandre Alonso Alonso. Servizo de Tradución da Audiencia Provincial de Lugo
20.20 h
Mesa redonda
21.00
Clausura do Seminario
Tríptico (en .pdf) coa información completa >