CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7878 votos
Xa votaches!


07-07-2010

O Colexio de Avogados de Santiago é recoñecido polo seu labor a prol da lingua

Ixuga 2010
A Irmandade Xurídica Galega (Ixuga) outorgoulle a medalla de ouro ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, en recoñecemento polo labor a prol do fomento do uso e prestixio do idioma galego que desenvolve a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico


O sábado 3 de xullo tivo lugar no salón nobre da Deputación de Lugo a III Asemblea Xeral da Irmandade Xurídica Galega (Ixuga), que este ano homenaxeou a figura do avogado Pedro González e distinguiu coa súa medalla de ouro o labor de promoción do galego do Colexio de Avogados de Santiago.

O acto principiou coa intervención do presidente da Irmandade, Xoaquín Monteagudo, quen resaltou o esforzo e a valía daqueles xuristas que empregan o galego no seu día a día malia as trabas existentes. O letrado tamén quixo facer un chamamento especial a abandonar o «discurso de pesimismo» que foi penetrando na sociedade arredor do idioma para facer deste «un motivo de orgullo que nos une e nos identifica».

No transcurso destes actos a Irmandade recoñeceu coa entrega da súa medalla de ouro a traxectoria do Colexio de Avogados de Santiago na promoción do galego no ámbito xudicial ao longo dos últimos anos, nomeadamente a través do seu Servizo de Asesoramento Lingüístico.

O xuíz e membro da Ixuga, Luís Villares Naveira, foi o encargado de pronunciar a louva ao colexio compostelán. Na súa intervención, Villares destacou os méritos que concorreron nesta distinción e reivindicou o exemplo desta institución como espello doutras dentro do ámbito xudicial. Así mesmo, o xuíz tamén confirmou con datos esmagadores a situación anormal que vive o idioma nos xulgados galegos, onde, por exemplo, as resolucións que se pronunciaron no 2008 apenas acadaron o 3,5%.

Deseguido, o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, recibiu o galardón da man do presidente da Irmandade, que estivo acompañado na mesa de autoridades polo fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, o maxistrado Xosé Xoán Barreiro e o fiscal Benito Montero.

No seu discurso, o representante da avogacía compostelá recalcou o compromiso adquirido hai oito anos pola xunta de goberno do seu colexio para promover e defender o emprego do galego no seo da Administración de xustiza.

Nogueira manifestou que «os avogados e as avogadas temos a obriga de ser os defensores dos dereitos e das liberdades da cidadanía, e dentro do seu amplo contido figura sen dúbida o dereito a usar a nosa propia lingua sen ningún tipo de obstáculo nin restrición». Así mesmo, o xurista compostelán tamén fixo fincapé en que o galego no ámbito xurídico «non está nin moito menos nun plano de igualdade en relación co castelán» e, en consecuencia, manifestou que é precisa unha reacción «activista e comprometida» por parte de todos os operadores xurídicos «para evitar caer nunha inxusta indiferenza ante o devir do noso maior tesouro colectivo». Para rematar, expuxo que «queda moito traballo que facer e moitos atrancos no camiño que superar».

Como vén sendo habitual, a Ixuga tamén levou a cabo o acto de imposición de togas e insignias da Irmandade a aqueles profesionais do ámbito xurídico que empregan con normalidade o idioma galego. Dezaseis novos irmandiños e irmandiñas, procedentes da xudicatura, da avogacía, do secretariado xudicial e do corpo de funcionariado, ratificaron o seu compromiso de usar a lingua propia nos xulgados galegos.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego