CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9214 votos
Xa votaches!


03-09-2010

Volven os Axóuxeres con música, xogos e palabras para bebés

Volven os Axóuxeres con máis música, xogos, cantigas e palabras para as crianzas
A través de festas e obradoiros nas cidades e encontros en vilas, o programa dos Axóuxeres quere axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión interxeracional da lingua. Nesta nova edición do programa homenaxearase os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e transmisión do galego


Xa están aquí Os Axóuxeres!
Os Axóuxeres é un programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que, mediante o xogo, a música e a experiencia sensorial, busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.

A través dos tres formatos dos que consta esta nova edición (Festas, Obradoiros e Encontros), o programa Os Axóuxeres quere axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade. Nesta ocasión, a iniciativa homenaxeará os avós e as avoas, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e transmisión da lingua ás crianzas.

As Festas dos Axóuxeres
O avó de Eli perdeu o seu caderno! Nel gárdanse os debuxos máis bonitos, as cantigas máis fermosas, os xogos máis divertidos, as adiviñas de cando el era neno... Eli, a rapaza protagonista do espectáculo, vai axudar o seu avó, o actor Xosé Manuel Oliveira “Pico”, a recuperar a súa memoria. Farao coa axuda de Totó, un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras.

Na viaxe que farán o avó, Eli e Totó para recuperar o caderno atoparán ovellas, cans, novos amigos..., e cantarán cantigas tan populares como A Carolina ou A vaca Marela. Ademais, rirán a cachón e farán xogos do máis diverso.

As Festas dos Axóuxeres son espectáculos participativos dunha hora de duración que conxugan a música, as cantigas, o teatro e o xogo en galego.

Durante o mes de setembro, as Festas dos Axóuxeres percorrerán as sete cidades galegas:
  • Sábado 4 de setembro: A Coruña. Pavillón Municipal San Francisco Xavier. Ás 12.00 h

  • Domingo 5 de setembro: Ferrol. Pavillón Municipal de Esteiro. Ás 12.00 h

  • Sábado 11 de setembro: Lugo. Pavillón Municipal dos deportes. Ás 12.00 h

  • Domingo 12 de setembro: Ourense. Pavillón Municipal de Deportes. Ás 12.00 h

  • Sábado 18 de setembro: Pontevedra. Pazo da Cultura (Recinto Feiral). Ás 12.00 h

  • Domingo 19 de setembro: Vigo. Complexo Deportivo das Travesas. Ás 12.00 h

  • Sábado 25 de setembro: Santiago de Compostela. Pavillón do Restollal. Ás 12.00 h

Os Encontros
Este programa inclúe tamén os Encontros dos Axóuxeres, espectáculos cun formato máis reducido que o das Festas. Estas actividades terán lugar no mes de xaneiro, nun total de doce localidades das catro provincias galegas.

Os Obradoiros
Para esta edición, a SXPL introduce unha importante novidade. Trátase dos Obradoiros dos Axóuxeres, que teñen como fin darlles continuidade ás festas (durante os meses de setembro e outubro) e aos encontro (xa en xaneiro) e que combinan un pequeno curso de masaxe infantil, música e cantigas de arrolo tradicionais galegas.

Os obradoiros estarán centrados na transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos bebés: as miradas, os aloumiños, a música e a palabra poden ser vías complementarias para afondar na relación entre pais/nais e fillos/fillas.

As prazas para os obradoiros son limitadas, polo que é imprescindíbel apuntarse previamente no teléfono 630 230 338 para poder asistir. O calendario completo pode consultarse aquí.

Información completa sobre os Axóuxeres no web da SXPL >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego