16-09-2010Queres traballar coa CTNL? Buscamos persoas para colaborar en diversos proxectos puntuais
Na CTNL necesitamos persoas que estean dispoñíbeis para colaborar puntualmente, de xeito remunerado, en diversos proxectos e actividades da asociación. Na organización de cursos, na elaboración e/ou revisión de documentos, no desenvolvemento de accións e actividades, etc.
É isto unha oferta de emprego?Non, ou non exactamente. Desde a CTNL necesítase contar con algunhas persoas de xeito puntual para axudar en diversos proxectos e actividades. Entón, este chamamento é para facer unha listaxe coas socias e os socios que están dispoñíbeis para colaborar e que perfil teñen, para procurar elixir a(s) persoa(s) máis axeitadas para cada caso.
E, se me chaman, vanme pagar?Si, claro. Dependendo da colaboración da que se trate, desde a Xunta Directiva da CTNL acordáronse unhas cantidades que se consideran xustas.
Que criterios se van seguir para chamar unhas persoas ou outras?Os criterios que se seguirán son:
-Que a persoa sexa socia da CTNL
-Que estea na procura de emprego
-Que, segundo a Xunta Directiva da CTNL, reúna o perfil máis axeitado para cada tipo de colaboración
De que tipo de traballos estamos a falar?Depende das necesidades de cada momento. O que a CTNL pode necesitar é persoal de apoio para cursos ou encontros, unha persoa que elabore un documento sobre algún tema relacionado coa normalización lingüística, unha persoa que coordine e/ou xestione un curso ou encontro, unha persoa que revise lingüisticamente algún documento, etc.
Se estou interesado/a, que teño que facer?Cubrir e enviar o
seguinte formulario.
Hai algún prazo para apuntarse?Non, inicialmente non hai ningún prazo. Cando desde a CTNL se necesite botar man dalgunha persoa, teranse en conta todas as persoas que nese momento enviaron a súa proposta de colaboración. Polo tanto, se estás interesado/a, apúntate canto antes.