CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13133 votos
Xa votaches!


14-10-2010

Os traballadores e as traballadoras de normalización lingüística pedimos respecto para o traballo a prol do galego

En defensa do lexítimo traballo para a normalización da lingua galega

CTNL
Ante a presión, desprezo, acoso e ataque que ultimamente están a sufrir persoas e colectivos que traballan en favor do galego, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pide respecto e apoio para o traballo a prol da xustiza social que supón a normalización da lingua galega


A normalización da lingua galega é un proceso que procura que o galego, a lingua propia do noso país, se poida usar con total normalidade e naturalidade en ámbitos, espazos e situacións das que foi apartado mediante a imposición do español ao longo dos séculos e a implantación de prexuízos, desprezos e estigmas contra o galego, de xeito especial no último século pola ditadura franquista.

O consenso, cando menos explícito, que había para acadar uns obxectivos mínimos no proceso de normalización lingüística, veuse nos últimos anos unilateralmente rachado polo Partido Popular e polo goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo.

Eses obxectivos normalizadores explicitamente consensuados e asumidos foron e están sendo directamente atacados desde sectores do partido que mantén o goberno no noso país e por asociacións extremistas que foron e son apoiadas por estes.

Por primeira vez desde a restauración da democracia, efectivizáronse desde o goberno importantes retrocesos para a nosa lingua propia, como a eliminación dunha proba en galego para o acceso á función pública, a prohibición de impartir certas materias en galego no ensino, o forte recorte orzamentario ou a eliminación de axudas para accións de promoción da lingua, etc. E o que resulta aínda de maior gravidade, desde o propio goberno estase a colaborar en asentar na sociedade graves e perigosos prexuízos contra o galego e en provocar menosprezos e reaccións en contra do lexítimo proceso de normalización social da lingua galega.

Neste clima de tensión creado, o traballo a prol da lingua vese a miúdo desprezado e atacado e mesmo persoas que destacan polo seu infatigábel labor para cumprir a lei vense presionadas e acosadas publicamente. Esta situación está dificultando a planificación ou desenvolvemento de accións desde os distintos ámbitos para acadar os obxectivos fixados e consensuados por todos, coa conseguinte parálise do proceso de normalización lingüística.

Ante isto, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pedímoslle ao presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que asuma a responsabilidade propia do seu cargo coa lingua propia do noso país. Pedímoslle que faga reflexionar e mudar de actitude ao seu partido e ao seu goberno, para que asuman os obxectivos normalizadores acordados consensuadamente e reflectidos na Lei de normalización lingüística e no Plan xeral de normalización da lingua galega, impulsado polo anterior goberno do PP. Só deste xeito se poderá traballar desde os restantes niveis a prol do galego con coherencia, eficacia e eficiencia.

Desde a CTNL queremos transmitirlles todo o apoio ás persoas que traballan a prol do galego e que están sendo publicamente atacadas por asociacións extremistas. Ao mesmo tempo, anunciamos que os traballadores e as traballadoras de normalización lingüística seguiremos a desenvolver o noso traballo, como até agora, con responsabilidade, dedicación, esforzo e entusiasmo na procura da xusta, lexítima e imprescindíbel normalización da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade.


Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego