CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8770 votos
Xa votaches!


03-11-2010

XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua

XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca as XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua, que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 19 e 20 de novembro de 2010


DÍAS: 19 e 20 de novembro
LUGAR: Museo do Pobo Galega. Santiago de Compostela
ORGANIZA: AS-PG

PROGRAMA

Venres 19 de novembro

17.30 - 18.00 h- Receptción e entrega de material.

18.00 - 20.00 h- Explicándonos con TIC. Luciano Fernández e Olga Patiño Abeixón, ensinantes.

Algunhas propostas para enriquecer as producións orais da aula e para motivar as creacións e as intervencións co fin de comunicar aprendizaxes co apio de ferramentas dixitais. Contémplase tamén a planificación destas tarefas e unha avaliación reguladora que permita a mellora competencial das destrezas orais.

Sábado 20 de novembro

10.00 h - 12.00 h- Novos tempos, novos formatos para divulgar literatura oral. Antonio Reigosa, escritor, traballa no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo e Palimoco Teatro.

As TIC non anuncian o remate senón unha oportunidade, o comezo dunha nova era para divulgar e pór en valor a literatura de tradición oral. Revisaremos os novos soportes da oralidade a través de revistas orais, webs e blogs, polafías ou apostas polo futuro da oralidade como Queres que cho conte!, un proxecto que usa recursos dramáticos e musicais para transmitir contos da nosa tradición oral.

14.00 h- Orellapendella, para xogar cos ditos infantís de sempre. Carlos Yus Respaldiza, profesor na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, membro fundador da compañía Migallas Teatro.

A páxina web www.orellapendella.org quere contribuír á difusión da literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido aos cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perdes esta riqueza definitivamente.

16.00 - 18.00 h- Contando con imaxes. Kiko da Silva, debuxante.

Posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, elementos que compoñen este tipo de linguaxe, evolución, normalidade de uso na aula, ... A banda deseñada como medio narrativo, como canle para contar historias.

18.00 - 20.00 h- Todas e todos temos algo que contar. Paula Carballeira, narradora, poeta e actriz.

Cada persoa ten un camiño que a leva a unha historia. Ás veces é un camiño dereito, pero moi a miúdo ten varias curvas, cruces, atallos, falsas direccións. Ás veces é un camiño longo, e outras é un camiño curto. En calquera caso, cada persoa debe estar preparada para camiñar, cos seus recursos, a súa equipaxe e a ilusión de chegar ao destino. Cómpre chamar a atención nos recursos própios de cada persoa, que son os que a converten nunha transmisora única da historia que prentenden contar.


A matrícula é gratuíta, e realíazase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación.

O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego