CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


8681 votos
Xa votaches!


10-03-2011

Vivan os que rompen cadeas de ferro! Xornadas de normalización lingüística de Pontevedra

Vivan os que rompen cadeas de ferro! Xornadas de normalización lingüística de Pontevedra
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística e en colaboración cos ENDL dos centros de ensino do concello, organiza as I Xornadas de normalización lingüística Xoán Manuel Pintos, que se desenvolven do 14 ao 18 de marzo


Baixo o título "Vivan os que rompen cadeas de ferro!", parafraseando as palabras de Pintos, estas xornadas, ademais de buscar a reflexión social sobre a situación actual da lingua galega, pretenden ser un proxecto de participación no que todos os centros educativos do concello de Pontevedra, a través dos ENDL, ofrezan diferentes experiencias, actividades e ferramentas para o uso normal da lingua galega.

DATAS
Do luns 14 ao venres 18 de marzo

LUGAR E HORARIO
Distintos lugares de Pontevedra e en distintos horarios

As I Xornadas para a normalización lingüística Xoán Manuel Pintos, que teñen como obxectivos principais darlle a coñecer á sociedade o labor fundamental a prol da lingua dos equipos de normalización dos centros educativos e mais promover a reflexión social sobre a normalización. Con este fin hai planificadas actividades dirixidas a diferentes públicos:
  • Para o profesorado e para a sociedade en xeral: as mesas redondas e mais unha web cun banco de actividades dos ENDL dos centros de ensino do concello (infantil, primaria e secundaria).

  • Para o alumnado de infantil: dúas sesións no Principal co espectáculo de Migallas, Canta con nós.

  • Para o alumnado de primaria: dous circuítos de xogos tradicionais ao aire libre, na Alameda. Van colaborar como monitores os alumnos do ciclo deTSAAFD (técnico superior de animación e actividades físicas e do deporte).

  • Para o alumnado de secundaria: o venres pola mañá, unha mestura de mesa redonda e demostración do traballo de persoas que crean desde o galego: Kiko da Silva desde a banda deseñada e o humor gráfico; Leo (Leonardo Fernández), artista polifacético, músico, filólogo e poeta; e Marcos Paino, do proxecto Komunikando TV.

  • O venres á noitiña, en Campolongo, haberá un concerto de García MC e Som do Galpóm; mentras, dous escritores de graffiti plasmarán a frase de Pintos "Vivan os que rompen cadeas de ferro" na parede exterior das canchas de baloncesto de Campolongo (no lateral da igrexa).

Este é un proxecto que pon voz ás inquedanzas dos ENDL e, tamén permite aos participantes e resto de colectivos sociais, analizar e reflexionar sobre a actual situación lingüística e os retos a seguir no contexto actual.

Programa completo en .pdf >


Ligazóns relacionadas

Web do Ano Pintos (2011) en Pontevedra

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego