CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


11841 votos
Xa votaches!


14-03-2011

A CTNL insta aos partidos políticos a incluír a normalización lingüística nos seus programas electorais

A CTNL insta aos partidos políticos a incluír nos seus programas electorais a promoción do galego
Ante as próximas eleccións municipais do 22 de maio, a CTNL dirixiuse aos partidos políticos para proporlles que inclúan nos seus programas a creación ou potenciación de servizos de normalización lingüística (SNL) dotados de recursos humanos e orzamentarios, para promocionar o uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) dirixiuse aos/ás responsábeis das distintas organizacións políticas galegas para proporlles que inclúan nos seus programas para as vindeiras eleccións municipais a creación –ou potenciación e consolidación, de ser o caso– de servizos de normalización lingüística (SNL) estábeis e con capacidade de intervención social. A CTNL tamén lles fará a proposta adaptada para cada unha das sete cidades a todos os candidatos e a todas as candidatas á Alcaldía desas cidades.

Para manter a visión desde a óptica que só pode dar a lingua propia
Segundo a entidade que agrupa aos/ás traballadores/as do ámbito, “a normalización lingüística é un proceso social que procura, ao abeiro da lexislación vixente, a xustiza no ámbito sociolingüístico, para que os galegos e as galegas poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio”. Por isto, sinalan, “é responsabilidade de todos e de todas contribuírmos a manter a diversidade e a riqueza lingüística e cultural do mundo, para que poidamos chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron”.

Por estas razóns, sinalan, “as administracións teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover a lingua galega”. Como se indica na proposta que a CTNL lles enviou ás distintas organizacións, “para desenvolveren e implementaren as súas políticas en calquera ámbito, os concellos dótanse de instrumentos técnicos”, así, exemplifican, “para desenvolveren a política urbanística teñen departamentos de urbanismo; para desenvolveren as políticas culturais teñen departamentos de cultura...” E no ámbito da política lingüística eses departamentos técnicos son os servizos de normalización lingüística.

Na actualidade contan con SNL arredor de 60 concellos, e na maioría dos casos estes son inestábeis, as condicións laborais dos seus traballadores e das súas traballadoras son precarias, apenas están dotados con recursos económicos para a súa actividade e, en moitos casos, non desenvolven accións dinamizadoras entre a sociedade.

Por uns SNL estábeis e dotados de recursos humanos e económicos
Por estas razóns, a CTNL solicítalles aos partidos políticos que inclúen no seu programa, entre outras medidas, “a promoción do uso e prestixio do galego en todas as accións do concello e en todos os ámbitos do municipio”, para o que deberán comprometerse á “creación ou potenciación dun servizo de normalización lingüística (SNL) estábel, dotado de recursos humanos e partida orzamentaria suficiente para a promoción da lingua galega”.


Ligazóns relacionadas

Proposta da CTNL para as eleccións municipais 2011 (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego