29-06-2011Festival en Compostela para mostrar que o galego éMundial
A Associaçom Galega da Língua (Agal) cumpre 30 anos neste 2011, e para celebralo organiza, entre o 4 e o 9 de xullo en Santiago de Compostela, o festival éMundial, unha semana de eventos para mostrar que a lingua galega é así, mundial
Música, mesas redondas, vídeo, gastronomía, obradoiros de lectura ou roteiros gastronómicos son algunhas das propostas que acolle o festival éMundial durante a segunda semana de xullo en espazos como San Domingos de Bonaval, a Borriquita de Belén, As Dúas, a Casa das Crechas ou a Sala Nasa.
Por
éMundial desfilarán persoas que falan a lingua da Galiza con diferentes sabores e musicalidades. Así, xente chegada de Angola, de Portugal ou do Brasil, xunto con galegos e galegas de diferentes ámbitos e o público que participe no evento, porá de relevo o valor internacional da lingua galega e a diversidade e riqueza que atesoura.
Durante a semana de actividades programadas participarán no éMundial cantores e grupos de música –como Malandrómeda, Tropico de Grelos ou Uxía–, escritoras como Concha Rousia (Galiza) ou Paulo Soriano (Brasil), representantes de festivais como o de poesía do Condado ou de empresas como imaxin|software. Haberá mesas redondas de variada temática, como unha protagonizada por Angola, proxeccións audiovisuais, obradoiros de lectura para nenas e nenos, contacontos e varias sorpresas máis.
Programación completa e máis información no web de éMundial >Trinta anos da AGALEste festival ten lugar polo 30 aniversario da Associaçom Galega da Língua (
Agal), asociación sen ánimo de lucro constituída en 1981, que traballa pola normalización lingüística en Galiza e a reintegración no ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro.