CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


8211 votos
Xa votaches!


07-07-2011

As ideas para o fomento do galego teñen premio nas universidades

As ideas para o fomento do galego teñen premio nas universidades
Tes unha idea que cres que pode ser boa para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter recompensa! O Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras outorgará 3.000 euros a quen deseñe a mellor campaña de normalización e 1.500 euros a quen teña a mellor idea para a promoción do galego


O VIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado polos servizos de normalización lingüística (SNL) das tres universidade galegas e nel pode participar calquera membro da universidade, ben a título individual, ben en equipo, como comisións de normalización, organizacións estudantís, etc.

MODALIDADES
O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente
  • CAMPAÑA NORMALIZADORA: deseño dunha campaña que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica, a estimación orzamentaria, etc.
    O premio: 3.000 euros

  • IDEA PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO: idea que explique razoadamente unha proposta que teña por obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
    O premio: 1.500 euros

PRAZO
Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 10 de novembro de 2011.

Bases e información completa aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego