CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7790 votos
Xa votaches!


05-10-2011

Somos a curta! I Premio de curtametraxes de comedia

Somos a curta!  I Premio de curtametraxes de comedia
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por alumnado de distintos ámbitos. O prazo remata o 25 de novembro


A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno/a ou grupo de alumnos/as das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011. As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011.

Un xurado decidirá e outorgará o premio do certame, dotado con 600 euros e diploma honorífico.

Os obxectivos con que convoca este premio son:
-Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
-Premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos/as estudantes galegos/as.
-Gozar dunha xornada de humor na nosa lingua.

Trátase dunha proposta para a CNL da Liga Estudantil Galega da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Máis info e bases completas>

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego