CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


5206 votos
Xa votaches!


12-12-2011

Obradoiro en Carballo para comezar a transmitir o galego co poder emocional das nanas

Obradoiro de nanas en Carballo
Para nais e pais, presentes ou futuros, soas ou sós, ou acompañados/as do seu bebé, que queiran comezar a transmitirlle o galego ao seu ou súa peque co poder emocional dos cantos de berce. Para isto, o SNL do Concello de Carballo organiza un obradoiro de nanas que terá lugar os días 20 e 21 de decembro


O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), organiza un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e para comezar a transmitirlles o galego.

Este obradoiro terá catro horas de duración, e desenvolverase o martes 20 e o mércores 21 de decembro, en horario de 17.00 h a 19.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. Nel poden participar un máximo de 25 persoas, ben soas, ben acompañadas do seu bebé. A inscrición é gratuíta e pode facerse no Servizo de Normalización Lingüística (no Pazo da Cultura) ou no teléfono 981 704 304, en días laborábeis en horario de mañá.

Do obradoiro encargaranse Rosa Bugallo, licenciada en Filosofía e letrista, e Ugia Pedreira, unha das voces máis recoñecidas da canción galega actual, membro do grupo Nordestin@s e de Marful, a banda de referencia da nova música pop galega. Ambas as dúas pertencen á Central Folque.

No obradoiro, as nais e pais participantes achegaranse a dez nanas galegas cantadas por Ugia Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica en grupo. Serán dez cantos de berce cos que se fará unha análise dos valores expostos, e das que se practicarán as melodías e as letras. Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional tanto no útero como nos primeiros anos de vida. Ao final do obradoiro, os pais e as nais compoñerán a súa propia canción de arrolo para comezar a transmitirlle o galego aos seus peques.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego