CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


16274 votos
Xa votaches!


15-02-2012

Entidades de todo tipo, a prol do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
Real Academia (RAG), Instituto da Lingua Galega (ILG), universidades, asociacións en defensa da lingua e administracións locais apoian un comunicado en defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL), e piden compromisos reais e recursos para o seu mantemento


«Que todas as administracións públicas adquiran o compromiso real de fomentar o uso e prestixio da lingua galega, con prácticas coherentes con ese compromiso e coa posta en marcha de medidas decididas e eficaces na procura da normalización lingüística», que se «procure acadar a porcentaxe do 0,3% do orzamento xeral para o fomento da lingua» ou que se cree «unha estrutura real e coordinada de servizos técnicos para a normalización lingüística que abranga o conxunto do país, que consiga mellores resultados e rendibilice mellor os recursos públicos».

Estas son algunhas das propostas que inclúe o comunicado En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL) impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e que conta co apoio de concellos como os de Betanzos, Carballo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Culleredo, Narón, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Salceda de Caselas, Teo ou Vimianzo, da Deputación de Lugo, dos departamentos de galego das tres universidades, da Real Academia Galega (RAG), do Instituto da Lingua Galega (ILG), da Mesa pola Normalización Lingüística, da Associaçom Galega da Língua (Agal) ou da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

No comunicado feito público pola CTNL declárase que o traballo dos SNL procura «avanzar no consensuado proceso de normalización da lingua galega» e que estes desenvolven un labor «necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía». Así, indícase, os SNL «contribúen a difundir do xeito máis próximo entre a poboación, por exemplo, as creacións culturais galegas, desenvolven accións de dinamización da lingua, achéganlle á poboación máis nova alternativas de lecer en galego, difunden e xestionan cursos de formación en lingua galega, velan pola calidade lingüística e comunicativa das institucións, velan pola garantía dos dereitos lingüísticos, etc.».

Sinálase que «aínda que a situación dos SNL é moi precaria, chegar a ela significou un proceso de anos que non podemos botar por terra», e denúnciase a suspensión das axudas para a normalización lingüística desde os concellos por parte da Xunta en 2011 ou a drástica redución das axudas por parte da Deputación da Coruña, o que pon en perigo moitos dos SNL existentes, dos que ao remate de 2011 xa pecharon 16 por estes motivos.

Desde xeito, no comunicado demándase da Xunta que asuma a súa competencia de «impulsar e coordinar os SNL e de colaborar co fomento do uso do galego nos concellos, para o que debe dedicar os suficientes recursos económicos e materiais de xeito estábel». Para iso, proponse que «se cree unha estrutura real e coordinada de SNL que abranga o conxunto do país». Proponse tamén que, tanto concellos como Xunta, dediquen o 0,3% do seu orzamento xeral ao fomento da lingua, investindo eses recursos en «accións de fomento do galego e en servizos técnicos para planificar e xestionar o proceso de normalización lingüística». Neste momento son moi poucos os concellos que chegan a esa porcentaxe, e a Xunta de Galicia nin sequera chega ao 0,1% (dedícalle en 2012 o 0,09% do seu orzamento xeral á política lingüística, mentres en 2005 lle dedicaba máis do dobre, o 0,23%).

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL. Comunicado completo en .pdf >

Apoian o comunicado:
-Real Academia Galega (RAG)
-Instituto da Lingua Galega (ILG)
-Deputación de Lugo
-Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña (UdC)
-Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
-Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
-Associaçom Galega da Língua (Agal)
-Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG)
-A Mesa pola Normalización Lingüística
-Concellos de Betanzos, Carballo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Culleredo, Narón, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Salceda de Caselas, Teo, Vimianzo...

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego