28-03-2012Fiadeiro de localización de software libre na USC para termos máis software libre en galego
Para acadar a máxima tradución de programas libres ao galego, o SNL da USC e Proxecto Trasno convocan o IV ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de software libre, que terá lugar o 19, 26 e 28 de abril, en Santiago de Compostela
ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libreOs
obxectivos do ETSE Open de SL son:
-Fornecer formación técnica para a localización ao galego de software libre.
-Contar con software que se use na USC en galego, mediante procesos de localización
-Impulsar a comunidade universitaria de localización
-Impulsar o uso do galego
-Impulsar o coñecemento e o uso da software libre
Destinatarios/as-Toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS.
Prazo de matrícula-Do 26 de marzo ao 15 de abril de 2012
Prazas-24 prazas, que se cubrirán por orde de matrícula.
Prezo-De balde
Datas e horario-Xoves 19 de abril, de 12.00 a 14.30 (Formación)
-Xoves 26 de abril, de 12.00 a 14.30 (Formación)
-Sábado 28 de abril, de 10.00 a 19.00 (Xornada de localización e lecer)
LugarAula I.5 da ETSE, no Edificio do Monte da Condesa (Entrada pola rúa Xoaquín Díaz de Rábago, fronte ao Estadio de Atletismo).
Para as persoas participantes haberá diversos incentivos...
Toda a información e matrícula, aquí >