06-03-2013Convocado o IV Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística
A Deputación da Coruña convoca o IV Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2013 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación do idioma galego. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril
CRITERIOS DO PREMIO-Tarefa continuada desenvolvida en favor da promoción da lingua e cultura galegas.
-Actuacións concretas en favor da dignificación social da lingua e cultura galegas.
-Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos.
-Campañas de información e/ou publicitarias en galego.
-Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.
PREMIO4.500 €
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTASAta o 30 de abril de 2013
QUEN PODE PRESENTAR PROPOSTAS?Calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse
COMO SE PRESENTAN AS PROPOSTAS?As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es
Información completa, bases e impresos, aquí >