CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


245 votos
Votar | | | |


20-04-2024

Comunicado da CTNL en relación coa Instrución 3/2024 do Concello de Ferrol

CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pronúnciase sobre a instrución do Concello de Ferrol que obriga a redactar os contratos exclusivamente en lingua española. Este texto é a Instrución 3/2024, de implementación de certas medidas de tramitación para a simplificación e axilidade administrativa, que se fixo pública o pasado 10 de abril.


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que ten como fins, entre outros, o de promover o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos da sociedade galega e elaborar propostas para facer máis efectivo o traballo a prol da normalización lingüística, desexa lembrar e facer públicas unha serie de consideracións verbo da instrución ditada recentemente polo Concello de Ferrol co obxectivo de axilizar a actuación administrativa da entidade.

A CTNL lamenta que se redacte unha instrución contraria ao espírito e á literalidade da ordenanza de normalización lingüística e da lexislación autonómica de promoción da lingua e que, en última instancia, se transmita a mensaxe de a lingua galega ser a causante dunha suposta falta de axilidade administrativa.

Manifesta a súa preocupación de que se estea a aludir constantemente a uns labores de “tradución ao galego” que non só entran en contradición con moitos dos artigos da ordenanza de normalización lingüística, senón que contribúen a perpetuar o papel secundario da lingua galega e constitúen o primeiro paso para lle apor todo tipo de prexuízos, neste caso relacionados co bo funcionamento das administracións que todas e todos desexan.

Desde a CTNL valórase positivamente a rápida reacción do goberno local de rectificar a decisión tomada e que se establezan canles de colaboración entre administracións; mais a verdade é que, a día de hoxe, esta instrución segue vixente xa que non consta que fose modificada.

E por último, recoméndase que en todas aquelas decisións internas que tome unha administración que teñan a ver coa xestión ou tratamento das linguas se teña en conta obviamente a lexislación e normativa vixentes, así como o criterio técnico do persoal, neste caso, do servizo de normalización lingüística, co fin de atopar a solución máis acaída e axustada a dereito para cada momento.

Comunicado da CTNL, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego