CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


381 votos
Votar | | | |


26-04-2024

Convocatorias das axudas para actividades de dinamización da Deputación Provincial de Pontevedra

Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra publicou nos BOP do 25 e do 26 de abril as convocatorias de axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2024 dirixidas a entidades sen fins de lucro e concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo está aberto até o 27 de maio.


AXUDAS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (procedemento SIA 215828)

Obxecto

Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 das seguintes características:

a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:

• Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.

• Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.

• Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos podcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.

• Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega.

b. Sociolingüística e toponimia:

• Estudos e publicacións sobre sociolingüística.

• Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.

c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.

d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.

e. Recoñecementos e distincións:

• Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.

• Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.

f. Fomento do emprego do idioma galego

• Actividades de captación de neofalantes.

• Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.

Destinatarias

Entidades sen fins de lucro que desenvolvan as súas actividades na provincia ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia

Orzamento

150.000 euros

Solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra no procedemento SIA 215828.

Prazos

- Para solicitar as axudas: até o 27 de maio de 2024, por ser inhábil o 25 de maio.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2024

Valoración das candidaturas

Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:

- o ámbito xeográfico,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- a consolidación e sensibilización lingüística das actividades ou programas.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 25 de abril de 2024)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 25 de abril de 2024)


AXUDAS PARA CONCELLOS (procedemento SIA 2329331)

Obxecto

Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 das seguintes características:

a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:

• Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.

• Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.

• Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos podcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.

• Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega.

b. Sociolingüística e toponimia:

• Estudos e publicacións sobre sociolingüística.

• Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.

c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.

d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.

e. Recoñecementos e distincións:

• Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.

• Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.

f. Fomento do emprego do idioma galego:

• Actividades de captación de neofalantes.

• Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.

Destinatarios

Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

Orzamento

150.000 euros

Solicitudes

Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra, no procedemento SIA 2329331.

Prazos

- Para solicitar as axudas: até o 27 de maio de 2024, por ser inhábil o 26 de maio.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2024

Valoración das candidaturas

Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:

- o ámbito xeográfico,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- o grao de consolidación e sensibilización lingüística do concello, onde que se valora dispoñer dun SNL, a súa antigüidade ou crealo durante o ano en curso, entre outros aspectos.

Os concellos da provincia de Pontevedra poden dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finaliza o 6 de maio.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP do 26 de abril de 2024)
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 26 de abril de 2024)


COLABORACIÓN DA CTNL NA MODIFICACIÓN DESTAS CONVOCATORIAS

Coa entrada do novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, a CTNL solicitou unha xuntanza co seu presidente en novembro de 2023, dado que a política lingüística depende directamente da Presidencia da institución. A xuntanza da CTNL tivo lugar en decembro, cunha representación técnica e política da Deputación de Pontevedra, e nela abordouse, entre outros temas, a posibilidade de perfilar con máis detalle as actividades destas liñas de axudas, co fin de que teñan obxectivos normalizadores claros.

A CTNL fixo unha proposta de modificación das bases, que incluía cambios tanto na descrición das actividades subvencionables coma nos criterios de valoración e moitas destas modificacións foron incluídas nas convocatorias de 2024, entre elas as seguintes:

- mencionar e priorizar os ámbitos estratéxicos da normalización lingüística, como a infancia, a mocidade, a familia, o lecer, as novas tecnoloxías ou o sector socioeconómico;
- procurar que as actividades subvencionables traballen o uso activo da lingua, a socialización ou a reflexión para erradicar prexuízos;
- asociar as actividades de normalización lingüística a valores positivos, como a modernidade, o prestixio, o lecer ou a diversión;
- valorar o traballo en rede e a colaboración entre entidades;
- recoñecer a importancia de contar con SNL nas entidades locais para planificar, deseñar, executar e avaliar as actividades de normalización lingüística.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego