CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


28-11-2023

Consulta ás socias e socios da CTNL

Asemblea da CTNL

Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.

Segue
16-10-2023

A CTNL lamenta a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua fai público un comunicado para expresar o malestar pola supresión inesperada do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e solicita a recuperación do servizo o antes posible.

Segue
28-03-2023

A CTNL presenta alegacións á modificación da RPT de Culleredo

Concello de Culleredo

A CTNL presentou alegacións á aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo do Concello de Culleredo, acordo que converte a praza de técnico/a de normalización lingüística en técnico/a de cultura.

Segue
06-03-2023

Aprobamos as liñas de traballo para este 2023

Asemblea do 4 de marzo de 2023

O sábado pasado, 4 de marzo, tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobamos as liñas de acción para seguirmos #traballandoenlingua neste 2023.

Segue
15-02-2023

Vémonos o 4 de marzo na Asemblea Xeral da CTNL

Asemblea da CTNL

A CTNL convoca as súas socias e socios á súa Asemblea Xeral anual, que terá lugar o sábado 4 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.

Segue


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego