CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


10-02-2021

Proxecto Trasno bota a andar Common Voice en galego. Anímaste a participar?

Common Voice en galego

Os/As voluntarios/as de Proxecto Trasno fan un chamamento para participar no proxecto Common Voice en galego, cuxa finalidade é garantir a presenza da lingua galega en servizos/produtos baseados na intelixencia artificial. Se estás interesado/a, podes colaborar elaborando frases curtas, validándoas, gravándoas ou revisando as gravacións.

Segue
02-02-2021

Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego no concello de Poio

Ordenanza de NL Concello de Poio

O Concello de Poio aproba a súa Ordenanza reguladora do impulso do uso do galego. O texto definitivo publicouse no BOP de Pontevedra do 1 de febreiro de 2021.

Segue
26-01-2021

A UVigo edita unha guía práctica sobre neofalantismo destinada á educación secundaria

En galego 27/7. Da minoración ao neofalantismo

En galego 27/7. Da minoración ao neofalantismo é o título da publicación, froito do traballo de investigación de Fernando Ramallo, Martín Vázquez Fernández e Luís López Alonso (Universidade de Vigo) e Estefanía Mosquera Castro (IES de Pastoriza, Arteixo). A guía inclúe trece actividades prácticas distribuídas en tres bloques temáticos.

Segue
14-01-2021

Somos Xogo, unha iniciativa de Xandobela para divulgar o patrimonio lúdico galego

Somos Xogo

Xandobela. Educación e Cultura presentou Somos Xogo, un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina. A iniciativa inclúe unha feira xogantina, a escola do xogar e o concurso “Xoga en galego”, que ten aberto o prazo para participar até o 28 de febreiro de 2021.

Segue
11-01-2021

O ILG pon en marcha DOA, programa para a participación cidadá na recollida de léxico patrimonial

Programa DOA

DOA é un programa de participación cidadá para a achega de datos léxicos que acaba de presentar o Instituto da Lingua Galega (ILG). DOA intégrase no proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, que ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

Segue


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego