CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


8955 votos
Votar | | | |


04-06-2012

Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI

Ingreso de X. L. Regueira na RAG
O pasado 2 de xuño de 2012 tivo lugar o acto de ingreso de Xosé Luís Regueira como académico numerario da Real Academia Galega, no que leu o discurso Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, que se pode descargar nesta nova


O discurso que o profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Luís Regueira, elaborou para o seu acto de incorporación á RAG leva por título Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI [.pdf] no que recoñeceu a lingua coma algo máis ca un código de comunicación ou ca un instrumento; defendeu que "a lingua configura de maneira decisiva a nosa identidade social, e mesmo a nosa identidade como individuos", xa que "a elección de lingua e a maneira de falar non son simplemente o reflexo de quen somos, senón que nos fai ser quen somos, ou máis precisamente, permítenos ser nós mesmos". Xosé Luís Regueira afirmou tamén que "a lingua é o repositorio de coñecemento e a cifra da historia dun pobo, e nela quedaron gravadas a lume as vicisitudes maiores da nosa historia, desde a romanización ás pegadas dos habitantes dos castros, desde o contacto con Europa na Idade Media, ata o predominio do inglés nos nosos días, sen esquecer, ben é sabido, a fonda pegada do dominio do castelán durante, cando menos, os últimos cinco séculos". Por último, desexou que a Academia non perda os fíos coa "oralidade primeira", esa que é "a lingua que nos fai existir, que nos constrúe como pobo e como nación con voz propia no mundo".

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego