CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


23742 votos
Votar | | | |


17-07-2012

A CTNL propón unha mellor planificación e xestión dos Celga e remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora

A CTNL propón unha mellor planificación e xestión dos Celga e remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora
Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, e logo dun amplo proceso de análise e reflexión, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de remitirlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística e fai agora pública unha Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga (.pdf), destinada a mellorar de xeito integral o sistema de formación e acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas.

Esta proposta está feita pola CTNL a partir dun proceso de reflexión e análise dun amplo grupo de persoas con experiencia en distintos ámbitos relacionados cos Celga (técnicos/as de normalización lingüística encargados de convocar, xestionar e difundir cursos e informar a cidadanía sobre o sistema; profesorado colaborador encargado da docencia dos cursos; persoal avaliador das probas de obtención dos títulos, etc.), e tendo en conta ademais as achegas, as ideas e o debate producido na Xornada de análise e avaliación dos Celga que tivo lugar o 28 de xuño de 2012 en Santiago de Compostela, e na que participaron arredor de 150 persoas, entre membros de entidades lingüísticas, técnicos/as de normalización lingüística, profesorado colaborador dos cursos, persoal avaliador das probas Celga, lingüistas, etc., e onde houbo un amplo consenso xeral sobre distintas ideas debatidas.

Cinco anos despois da posta en marcha dos Celga, desde a CTNL considérase que o sistema de acreditación de coñecemento de lingua ten aspectos positivos, mais tamén outros discutibles e moitas eivas que se poden e deben corrixir, en cuestións como as validacións e a validez dos vellos certificados de iniciación e perfeccionamento; a planificación, organización e xestión dos cursos preparatorios; o enfoque, a metodoloxía, os materiais e os contidos dos cursos de formación; os requisitos e condicións do profesorado e do persoal avaliador; e as probas para a obtención dos certificados.

Así, desde a CTNL faise público este documento, que se lle acaba de remitir tamén á Secretaría Xeral de Política Lingüística, a quen lle solicitaron unha xuntanza para analizar as diferentes e múltiples eivas e para explicar as distintas propostas de mellora que contén.

Algunhas desas propostas son, por exemplo, unha maior atención para a mellora das actitudes e usos lingüísticos; a planificación anual da oferta formativa, de forma que cubra todo o territorio; a simplificación e modernización do método de inscrición nos cursos; a nivelación previa do alumnado na procura dunha mellor calidade formativa; a fixación de grupos reducidos; o recoñecemento de asistencia aos cursos; a necesidade de espazos axeitados para a docencia; a activación do nivel Celga 5, convocando probas e téndoo en conta en procesos selectivos; a necesidade de cursos ou módulos de alfabetización; formación específica e completa de calidade para o profesorado; a creación dun equipo docente estable, ou, cando menos e de xeito transitorio, a contratación formal do profesorado colaborador, a clarificación e mellora dos requisitos para acceder a ser profesor/a, unha listaxe pública de chamamento, etc.; ou melloras relativas ás probas, como, por exemplo, que haxa como mínimo dúas convocatorias anuais; que haxa a posibilidade de acreditación por destrezas; que se realice un pequeno informe de cada unha das persoas candidatas; ou que os resultados non se tarden tanto en publicar.

Desde a CTNL traballarase para conseguir que a Xunta de Galicia teña en conta todas estas propostas de mellora.

Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego