CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


17576 votos
Votar | | | |


04-12-2012

E o galego gusta, e m8!

E o galego gusta, e m8!
Gústame..., que me digan “qrt m8”; ...que non me traduzan o café con leite; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego; etc. Estas son algunhas das declaracións que máis de 700 persoas xa fixeron a través dunha foto dentro da acción “Gústame o galego”, que desde a CTNL comezamos no Culturgal, coa intención de darlle continuidade ao longo de todo o ano


Criamos, e cremos, que é necesario visibilizar o apoio de persoas a nivel individual ao proceso de normalización da lingua galega en todos os ámbitos, favorecer que persoas de todo tipo se posicionen a prol do fomento do galego, provocar unha mínima reflexión sobre a necesidade de fomento da nosa lingua en distintos sectores e achegar tanto a rúas e prazas como á rede e aos medios mensaxes positivas e favorables ao uso e prestixio do galego en todos os ámbitos, sectores e situacións, e difundir e facer visibles esas mensaxes a través de persoas concretas.

Por e para isto naceu a campaña “Gústame o galego” que desde a CTNL comezamos a pór en marcha no Culturgal 2012 en Pontevedra.

As protagonistas da campaña son todas aquelas persoas que queiran ser protagonistas da campaña
Carlota Cao escolleu “Gústame que @s bonec@s falen galego”; Rosa Castro “... como empezan a falar galego @s pequerrech@s”; Luís Tosar “...xogar en galego”; Nuria Díaz “...que me digan qrt m8”; Agustín Fernández Paz “...que non me traduzan o café con leite”; Iván Sanjurjo “...que nos pubs poñan música en galego”; Luís Iglesia “...que me lembres en galego”; Elida Abal “...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño”..., e así, máis de 700 persoas, moitas coñecidas, moitas non tanto, que a nivel individual quixeron participar no inicio desta campaña sacando unha foto no photocall de “Gústame...” cun bocadillo cunha das 29 frases propostas.

Ampla difusión nas redes sociais
Cada unha desas fotos difúndese no Facebook da campaña, ao que se pode acceder a través de www.gustame.gl. Tamén en Twitter se van difundindo algunhas das mensaxes e ideas, na conta @gustameogalego.

Cómpre destacar a ampla difusión que está a ter nas redes sociais, con algunhas fotos que en Facebook superaron amplamente os 1.000 “gústame” e que foron compartidas máis de 400 veces.

A idea naceu no Viveiro de propostas normalizadoras da CTNL
Esta idea naceu no Viveiro de propostas normalizadoras que desde CTNL iniciamos este ano. Na súa maduración e posta en marcha foron participando de xeito colaborativo diversas persoas, dando ideas, valorándoas, achegando lemas, etc.

Para desenvolver en facultades, institutos, concellos...
Despois do inicio no Culturgal, a partir de agora a idea é que a campaña “Gústame o galego” se poida seguir espallando durante todo o ano por todo o país, desenvolvendo a acción en facultades, institutos, concellos, etc., mediante a súa contratación. Para iso, nos vindeiros días desde a CTNL enviarémoslles información aos distintos servizos de normalización lingüística e entidades interesadas.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego