CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


16073 votos
Votar | | | |


10-01-2013

A Xunta desmantela a lingua tamén nos orzamentos

A Xunta desmantela a lingua tamén nos orzamentos
O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2013 tan só un terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Estas contas provocan anulación de proxectos, redución de servizos, paralización de accións, destrución de emprego, redución da formación, etc.


A Xunta recorta drasticamente, unha vez máis, os recursos dedicados á Política Lingüística, que caen a mínimos históricos, e que quedan reducidos á cuarta parte do que eran hai unha década e a un terzo do que eran hai 20 anos, o que desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) se considera un auténtico insulto ao idioma propio e ao principal símbolo de identidade do país.

Desde a CTNL considérase que os orzamentos da Xunta para 2013 demostran que o goberno só está disposto a dar pasos atrás no fomento da lingua, e faino, ademais, de xeito brutal.

Fortes recortes en todas as partidas: concellos, formación, campañas, ensino...
Practicamente todas as accións da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) sofren un fortísimo recorte, que nalgúns casos superan o -60% con respecto ao ano pasado e o -90% con respecto a 2005. Así, por exemplo, con respecto a 2012 redúcense drasticamente partidas como as destinadas a campañas de normalización (-48,5%) –que é coa que se financian as actividades dinamizadoras–, a accións formativas (-29%) –coa que se financian os cursos e exames de galego Celga, necesarios para o acceso laboral–, a proxectos do ensino (-25%), etc. E estas caídas son moito máis brutais aínda se se comparan co ano 2005: -52,4% para accións formativas, -46,8% para a administración local, -55,9% para centros educativos, -79,2% para editoriais ou -92,4% para entidades sen fin de lucro. [Véxanse datos e comparativas aquí (.pdf)]

O desmantelamento é tal que os recursos de 2013 son un terzo dos de hai 20 anos
Os orzamentos de Política Lingüística de 2013 (5,7 millóns €) son en máis dun 66% inferiores aos de 1993 (17,2 millóns €), tamén época de crise económica e recesión. Así, mentres no ano 1993 o goberno lle dedicaba á lingua galega o 0,43% do total dos orzamentos da Xunta, o goberno de Feijóo só lle quere dedicar menos da sétima parte diso, o irrelevante 0,06%. Se neste ano se lle dedicase á lingua a mesma porcentaxe orzamentaria de hai 20 anos, a cifra que lle correspondería tería que ser próxima aos 40 millóns de euros, cando a realidade é que non chega aos seis.

Inxustificable perda de peso e de visibilidade de Política Lingüística
Este duro golpe ao galego efectúao o goberno despois de confirmar que a Secretaría Xeral de Política Lingüística volverá estar relegada na Consellería de Cultura e Educación, sen posibilidade efectiva real de acción transversal en todos os ámbitos e sectores, como o empresarial, as novas tecnoloxías, a xustiza, a administración pública ou a sanidade. Deste xeito, cada vez é máis evidente o desmantelamento que o goberno fai do fomento do galego, e na actualidade incluso oculta cada vez máis o nome da propia Secretaría Xeral de Política Lingüística detrás da etiqueta “Educación e Cultura” en notas de prensa, comunicados, actos, etc.

Por todos estes motivos, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pedimos que este proxecto de orzamentos sexa modificado durante o trámite parlamentario e non se desmonte así o xa precario traballo a prol do principal elemento que nos une como galegos e galegas, a nosa lingua propia.


Ligazóns relacionadas


Cadro resumo e comparativas dos orzamentos da SXPL para 2013

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego