CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


13411 votos
Votar | | | |


29-01-2013

Un par de orfas

OPINIÓN: por Isabel Vaquero

Isabel Vaquero Quintela
Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.


No terreo da investigación científica de alto nivel, maioritariamente protagonizado por profesorado universitario, alén do quefacer diario, calquera que pretenda facer unha carreira investigadora está absolutamente condicionado pola perversa necesidade de publicar resultados en revistas de impacto. Da mesma maneira que tal imposición pexa publicar en aberto e dificulta a investigación sobre temas locais, tamén impide de feito publicar noutra lingua que non sexa o inglés, especialmente no ámbito das denominadas ciencias puras. O galego campa nun exiguo 8% por publicacións propias (revistas e coleccións) de ciencias, mais tamén de humanidades e ciencias sociais e xurídicas, temáticas que abren máis posibilidades ao local.

A elaboración de teses de doutoramento, primeiro piar da investigación, tampouco resulta un terreo fértil para que prenda o galego. As axudas económica e lingüística ao uso do galego das tres universidades do país non logran que este supere o 15% das teses na USC no mellor dos anos. De novo pesan os condicionantes externos, como a posterior utilización do material do traballo para publicacións ou os requisitos lingüísticos para obter a acreditación da mención de Doutor/a Europeo/a.

No terreo da formación, o nivel superior, o universitario, leva mellorado paseniñamente ano tras ano; mais sen grandes alegrías, e por razóns ben distintas ás vistas ata agora. A USC é a universidade galega que ofrece datos máis polo miúdo e máis favorables: o pasado curso impartíase en galego o 27% das horas de docencia, fronte ao 69% en castelán. Neste caso, aínda que os incentivos (mellorables) favorecen o uso da nosa lingua e a opción da docencia en inglés segue sendo marxinal, o que gaña, maioritariamente, é a inercia nos usos lingüísticos. Por riba, ese uso do galego é desigual: moito menor nas ciencias da saúde e nas ciencias, e máis elevado nas enxeñarías e nas titulacións de artes, ciencias xurídicas e sociais e humanidades.

Se a estes datos tan febles lle unimos a práctica prohibición de utilizar o galego no ensino da ciencia nos niveis non universitarios, derivada do Decreto do Plurilingüismo, que ademais ten un efecto redutor da nosa lingua brutal na publicación de manuais e libros de texto, deducimos que os tímidos avances do galego ao longo dos anos no terreo formativo facíanse sobre areas movedizas.

O terreo da divulgación, por último, está aínda pouco explorado a nivel galego, especialmente en canto á alta divulgación. Contamos con excelentes divulgadores, con museos científicos como o da Coruña, con algunhas publicacións (eubalaena) e coleccións editoriais; con iniciativas moi achegadas ao público para todas as idades (desde os cafés científicos ata os obradoiros para nenos e nenas como actividades extraescolares); con bitácoras, vídeos científicos subtitulados (TED), un web da Xunta (divulgación360)... e pouco máis. Os medios de comunicación adoitar estar pouco pendentes das novas de carácter científico e, cando o fan, utilizan a súa lingua habitual.

Neste contexto, que se algo ten de favorable á nosa lingua é sobranceiramente pola vontade individual, as campañas dos centros de ensino arredor do Día da Ciencia en Galego ou das universidades galegas En galego tamén se fai ciencia non deixan de ser un testemuño alternativo, unha pataleta necesaria, mais insuficiente. Á fin e ao cabo, falamos dese par de orfas na política do país, ciencia e lingua...

Artigo publicado orixinalmente en Sermos Galiza o 26/1/2013

Isabel Vaquero Quintela é técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e vogal da Xunta Directiva da CTNL [+info]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego