01-03-2013Sábado 2 de marzo: asemblea da CTNL, xantar de confraternidade e Gústame o galego
Este sábado 2 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística. Ao mesmo tempo, a acción Gústame o galego estará na Nave de Vidán
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria este sábado 2 de marzo, a partir das 11.30 h, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
Na orde do día tratarase a xestión do último ano e as propostas de acción para o próximo período.
-DÍA: sábado 2 de marzo de 2013
-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h
-HORA da segunda convocatoria: 12.00 h
-LUGAR: Restaurante Espazo Cultural
A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)
XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICADisque sempre estamos coa lingua de fóra..., pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, a CTNL organiza tamén un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s.
Celébrase xusto despois da asemblea, ás 14.30 h, no mesmo lugar, A Nave de Vidán.
GÚSTAME O GALEGOE, xunto coa asemblea e o xantar, chega a Compostela a acción Gústame o galego.
Gustache..., que chedigan "qrt m8"?, ...que nos pubs poñan música en galego?, ...que non che traduzan o café con leite? Pois o sábado 2 de marzo podes vir ao almorzo, ao vermú ou ao xantar á Nave de Vidán e participar na campaña da CTNL Gústame o galego, que estará por aquí de 11.30 h a 14.30 h.
Tirarémosche unha foto coa frase que ti prefiras e levarás unha chapa de agasallo.
Mira como é a cousa en
www.gustame.gl e anímate a dicir #gustameogalego