CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


16342 votos
Votar | | | |


04-03-2013

Accións previstas para desenvolver pola CTNL en 2013

Accións previstas para desenvolver pola CTNL en 2013
O 2 de marzo tivo lugar a asemblea xeral da CTNL, na que aprobamos por unanimidade as liñas da acción para 2013. Desenvolvemento de diversos obradoiros e encontros, afondar no traballo colaborativo con diversos espazos e proxectos, maior visibilización do traballo normalizador no país, etc., son algunhas das accións que se desenvolverán


Na asemblea xeral que desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) celebramos o sábado 2 de marzo en Santiago de Compostela aprobáronse por unanimidade o informe de xestión da directiva, o informe de contas, o orzamento para o vindeiro exercicio e as liñas de acción.

No proxecto de accións aprobado (pódese descargar aquí en .pdf) destaca a defensa dos intereses xerais do traballo en normalización, as accións formativas e as propostas para facer máis efectivo o traballo a prol da normalización da lingua.

Deste xeito, está previsto procurar unha maior visibilización do traballo que se desenvolve a prol do galego, facendo ver a súa necesidade, e visibilizando tamén o apoio social ao proceso de normalización lingüística. Tamén se realizarán propostas que procuren mellorar a situación deste traballo.

No que se refire a promover a formación no eido da normalización, desde a CTNL está previsto organizar directamente varios obradoiros prácticos, como de creación de vídeos, de redacción de notas de prensa, de deseño e maquetación básica de folletos e carteis ou de comunicación efectiva a través do correo-e. Tamén está previsto seguir colaborando co curso de verán de dinamización lingüística da Universidade da Coruña e publicar algúns documentos e materiais formativos.

E, no tocante a propostas para facer máis efectivo o traballo a prol da normalización da lingua e á colaboración en accións para o fomento do galego, aprobouse a proposta para crear un premio a accións, programas, proxectos, etc., de normalización lingüística, a colaboración na posta en marcha da plataforma d-Lingua, ou a continuidade do proxecto do Viveiro de propostas normalizadoras. Tamén diferentes accións para unha mellor e maior implicación das administracións públicas no proceso de normalización, a colaboración e desenvolvemento de diversos encontros e a continuidade ou posta en marcha de accións de fomento do galego, como Gústame o galego, a creación dunha plataforma de propostas de agasallo en galego ou unha acción para a visibilización do galego na prensa.

A Asemblea da CTNL tivo lugar na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, onde tamén estivo o posadoiro de Gústame o galego e onde celebramos un xantar de confraternidade lingüística.

Pódese ver unha reportaxe fotográfica da asemblea e xantar aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego