09-04-2013Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas
As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio
SANTIAGO DE COMPOSTELAXXVI Curso de verán de Lingua e cultura galegas para persoas estraxeiras
-Niveis: elemental, medio e superior
-Datas: do 4 ao 24 de xullo de 2013
-Axudas: a universidade concede varias bolsas de 350 € cada unha (e exención do pagamento da matrícula)
-Prezo da matrícula: 150 €
-Prazo de inscrición: antes do 1 de maio
Info completa >A CORUÑAVI Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras
-Niveis: elemental (A1 e A2) e intermedio (B1 e B2)
-Datas: do 1 ao 24 de xullo de 2013
-Axudas: a universidade concede 16 bolsas de 500 € cada unha
-Prezo da matrícula: 60 €
-Prazo de inscrición: até o 3 de maio
Info completa >