CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9536 votos
Votar | | | |


09-04-2013

O profesorado do Celga denuncia a precariedade e propón profesionalización

O profesorado do Celga denuncia a precariedade e propón profesionalización
O colectivo de profesorado colaborador da SXPL para impartir os cursos de galego para persoas adultas fixo público un manifesto no que denuncia a súa "precaria situación" e no que reclama profesionalización e condicións de traballo dignas


A asemblea de profesorado colaborador da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia emprendeu hai unhas semanas unha serie de accións para denunciar a "precaria situación" e para demandar "cambios na maneira de xestionar o sistema de formación en lingua galega". Entre elas, diversas concentracións e agora a publicación dun manifesto.

No texto feito público, e asinado inicialmente por máis de sesenta profesoras e profesores, din estar "fart@s" de que a SXPL "se aproveite da precariedade laboral", de que "cada ano cambien os procedementos para acceder á listaxe de profesorado", de "ter só obrigas e de non ter ningún dereito" ou de "prácticas escurantistas".

Tal e como denuncian no texto aberto a apoios, este profesorado traballa "sen contrato; sen posibilidade de negociar unhas retribucións que minguan ano tras ano; sen termos a seguridade de se un ano imos traballar ou non; sen saber cando imos traballar e cando imos cobrar".

Do mesmo xeito que a CTNL xa propuxo en reiteradas ocasións, a asemblea de profesorado colaborador reclama "a creación dun grupo estable de profesorado profesionalizado, seleccionado e contratado a través dun proceso selectivo público de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade". E, mentres iso non se acada, solicita a "contratación formal" con "condicións laborais xustas", a "clarificación e mellora dos requisitos para acceder á listaxe" e que exista unha "listaxe pública de chamamentos".

O texto completo pódese ler e apoiar aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego