21-05-2013Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo
Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto
Obxectivos - Reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e lingüístico, en particular
- Reflexionar sobre o concepto de participación e implicación activas dentro da dinamización lingüística
- Procurarmos formas de busca e apoio da participación, a implicación e o traballo colaborativo na dinamización lingüística
- Coñecer experiencias de participación, implicación e traballo colaborativo en procesos de cambio, tanto lingüísticos como culturais, sociais, económicos, etc.
- Avaliar experiencias de dinamización lingüística levadas adiante en diversos ámbitos desde o punto de vista da participación, implicación e traballo colaborativo
LugarForum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo [
Ligazón no Google Maps]
Datas17, 18 e 19 de xullo de 2013
MatrículaA través da Oficina de Cursos da UdC:
http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/web/curso14/curso14.htm Custo da actividadeO custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 17 e xoves 18 e os cafés conxuntos dos tres días.
- 30 euros para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas
- 50 euros para todas as demais persoas participantes
PROGRAMA[
Podes descargalo aquí en .pdf >]
MÉRCORES 17
Participación nos procesos sociais. De abaixo arriba, de arriba abaixo10.00 h a 10.30 h Recepción e entrega de documentación
10.30 h a 11.00 h Inauguración e benvida
-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo
11.00 h a 12.30 h Conferencia inaugural
De “as portas están abertas” a “este proxecto tamén é teu”. Sobre métodos e estratexias de implicación-
Alicia Tenze. Arquitecta, experta en planificación participativa e integrante da
Red Cimas12.30 h a 13.00 h Pausa-café conxunto
13.00 h a 14.30 h Mesa de experiencias
Exemplos e experiencias de implicación desde administracións-Proxecto
Sonda Norte (Ribadeo) e Centro
Ágora (A Coruña).
Xavier Campos (concelleiro e xestor cultural)
-Rede de Entidades Amigas da Lingua -
REAL- e
Proba en galego (Pontevedra).
Conchi Cochón (técnica de normalización lingüística)
14.30 h Xantar conxunto
16.30 h a 18.00 h Mesa de experiencias
Exemplos e experiencias de implicación desde a base-Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (
AGXPT).
Paco Veiga (profesor e dinamizador da AGXPT)
-A implicación desde unha parroquia.
Rubén Aramburu (crego)
-Experiencias de implicación de maiores e rapazada.
Celso F. Sanmartín (dinamizador e contador)
18.00 h a 20.00 h Sesión de xogos populares: chave, ra, zancos, peón, mariola, corda, aro...
XOVES 18
Propostas para o artellamento da participación, implicación e traballo colaborativo. Métodos e técnicas10.30 h a 12.00 h Experiencia e proposta de traballo
A participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. Experiencias, métodos e técnicas-
Txerra Rodríguez. Técnico de normalización da cooperativa vasca
Emun12.00 h a 12.30 h Café conxunto
12.30 h a 14.30 h Proposta de traballo
As potencialidades do “xogo serio” para a implicación e participación en proxectos-
Carlos Martínez. Coach e facilitador Lego Serious Play de
Nordkom14.30 h Xantar conxunto
16.30 h a 18.00 h Proposta de traballo
Métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística-
Bernardo Penabade. Profesor e impulsor de proxectos normalizadores
18.00 h a 18.30 h Descanso
18.30 h a 19.00 h Proposta de traballo
Viveiro de propostas normalizadoras. Espazo para a aplicación de métodos e posta en marcha de experiencias -
Queca Carballo, coordinadora do
Viveiro da CTNL
19.00 h a 20.30 h Grupos de traballo colaborativo: Deseño de implicación en proxectos a partir do Viveiro de propostas normalizadoras
VENRES 19
Participación, implicación e traballo colaborativo. Experiencias e propostas10.00 h a 11.00 h Presentación e valoración dos deseños de implicación realizados polos grupos de traballo colaborativo
11.00 h a 12.00 h Proposta de traballo
A comunicación implicativa. Métodos e experiencias de Implicad@s no Desenvolvemento
-
Ania Piñeiro. Educadora social e presidenta de
Implicad@s no Desenvolvemento 12.00 h a 12.30 h Café conxunto
12.30 h a 14.00 h Conferencia de peche
Democracia implicativa para os procesos de cambio social-
Marta Martorell. Consultora en xestión pública e participación cidadá de
CivisOrganizaUniversidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística
Colaboran-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Concello de Carballo
Máis informaciónServizo de Normalización Lingüística UDC
Maestranza, 9. A Coruña.
Tfno.: 981 167 000 ext. 1177, 1042 ou 1055
Info no web do SNL da UDC >