CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12720 votos
Votar | | | |


31-05-2013

Pola creatividade galega e a calidade lingüística

Pola creatividade galega e a calidade lingüística
Comunicado da CTNL para que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e para que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego



A creatividade publicitaria e comunicativa galega é moita e moi boa, e así se demostra día a día en múltiples accións e campañas ideadas e planificadas por diversas empresas, publicistas ou creativas/os do país. E nesa creatividade, a lingua xoga un papel fundamental, pois con ela transmítese, comunícase, xógase, chégase, identifícase, reflexiónase e emociónase.

Por isto, para unha boa e efectiva creatividade galega, é fundamental coñecer ben o idioma galego e manexalo axeitadamente –como fan decotío moitas empresas e publicistas–, e tamén asesorarse lingüisticamente.

Non obstante, tamén abundan exemplos en que non se ten o coidado necesario na calidade da lingua, nin oral nin escrita, en anuncios, lemas, mensaxes, etc., e nótase que estes non foron revisados lingüisticamente por profesionais e, mesmo en moitas ocasións, que foron pensados noutra lingua e forzosamente, e mal, adaptados ao galego. E isto, que sempre é malo, se se fai en accións e campañas promovidas ou nas que colaboran administracións públicas, convértese en máis grave aínda.

A calidade lingüística de todos os textos e mensaxes públicas das administracións é fundamental, pois transmiten a imaxe das propias entidades, o que elas son, como traballan, o coidado que poñen no que fan, o respecto, a seriedade, o rigor...

Ademais, é habitual e lóxico que os textos emitidos desde as entidades públicas sexan interpretados pola cidadanía como modelos de lingua, o que lles confire unha importancia e responsabilidade aínda maior, que a Xunta, os concellos, as entidades de todo tipo e as empresas de publicidade non deben obviar.

Nos últimos tempos percibimos un especial e grave desleixo lingüístico en diversas accións comunicativas ou publicitarias da Xunta ou nas que esta ten unha participación ou colaboración relevante. Algúns exemplos disto son as marcas “Pesca-de-rías” ou “Leite galega 100%” e as campañas “As mulleres, pilares de Galicia” e a máis recente que se presentou estes días “Cómete o mar”, todas elas xa con erros lingüísticos nos propios nomes e lemas e tamén nos diversos soportes publicitarios, con distorsións nas mensaxes, e non pensadas nin ideadas desde o galego, con creatividade galega.

Por todas estas razóns, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pedímoslles a todas as entidades públicas un maior compromiso co uso e prestixio da lingua galega e coa calidade lingüística en todas as súas accións comunicativas. E, en concreto, solicitámoslle á Xunta de Galicia que paralice esas campañas, que mude os seus nomes e lemas por outros pensados en galego e desde o galego, que corrixa os diversos textos e soportes utilizados e que coide a calidade lingüística en todas as accións comunicativas e publicitarias futuras antes de seren difundidas, contando para iso con profesionais creativos/as que ideen as accións desde o galego e con profesionais que asesoren sobre o uso da lingua.


Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
31 de maio de 2013

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego