13-06-2013Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal
Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego
Con vídeos, con xogos, co dicionario, con outro dicionario de sinónimos, cunha "palabra do día", con novas, con "palabras asinadas", con consultas... Con todo isto e moito máis nace
O portal das palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
E, claro, a mellor maneira de coñecelo é fedellando nel, así, que, adiante! O enderezo:
www.portaldaspalabras.orgAh, e chega con apps do
Dicionario para móbiles e tablets con sistemas iOS e Android...