CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15194 votos
Votar | | | |


07-10-2013

Gústame o galego, a campaña que non para de sumar apoios para a normalización lingüística

Gústame o galego, a campaña que non para de sumar apoios para a normalización lingüística
Xa son máis de 5.000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10.000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70.000 persoas


Gustame..., que me digan "qrt m8" ;-); ...que nos pubs poñan música en galego; ...que non me traduzan o café con leite, ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño...; ...que me entren en galego... Estudantes, camareiros/as, políticas/os, artistas, nais e pais, fontaneiros/as, rapazada, actores e actrices, xornalistas, profesorado... Máis de 5.000 persoas de todas as idades, profesións e lugares do país xa se retrataron con algún dos arredor de 50 lemas propositivos da campaña “Gústame o galego”, unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) que, desde que se puxo en marcha en decembro do ano pasado, xa fixo máis de 50 paradas (en prazas, institutos, festivais, campamentos, feiras...), e que aínda nos próximos meses vai seguir percorrendo o país para espallar mensaxes a prol da lingua e sumar apoios para o proceso de normalización lingüística.

E esta semana a súa páxina en Facebook (www.gustame.gl) superou as 10.000 persoas seguidoras, polo que non deixa de seguir incorporando cada vez máis e máis xente.

O posadoiro en que as persoas se poden retratar para apoiar así esta acción xa pasou por seis das sete cidades galegas (falta A Coruña) e por un bo número de municipios, na maioría dos casos co apoio do concello, ou dalgunhas outras entidades, como as tres universidades, ou a Administración galega, no caso dos trece campamentos de verán nos que estivo. Todas estas paradas fixeron posible que sexan xa máis de 5.000 as persoas, tanto anónimas como coñecidas, ás que lles gusta que as mates, a ciencia e a tecnoloxía sexan en galego; que as médicas e os enfermeiros curen en galego; que o leite poña que é galego 100%; ou que @s bonec@s falen galego; e que o manifestaron publicamente difundindo unha foto súa con algún dos lemas.

A repercusión desta campaña nas redes sociais é moi alta, con algunha foto que foi compartida por unhas 1.000 persoas, algúns álbums vistos por máis de 20.000 e algunha entrada por máis de 85.000, e cunha páxina en Facebook que supera as/os 10.000 seguidoras/es e que ten un alcance que, durante varias semanas, rolda as 70.000 persoas semanais.

A campaña vai seguir a desenvolverse nos vindeiros meses para achegarlle á cidadanía mensaxes a prol do galego e, no marco dela, hanse desenvolver algunhas novas accións, que se irán anunciando proximamente.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego