CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15639 votos
Votar | | | |


08-11-2013

A CTNL é recoñecida co premio Xoán Manuel Pintos pola campaña Gústame o galego

A CTNL é recoñecida co premio Xoán Manuel Pintos pola campaña Gústame o galego
O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua concédenlle o premio Xoán Manuel Pintos 2013 á campaña Gústame o galego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), así como á editorial Kalandraka


O xurado do premio Xoán Manuel Pintos 2013, convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL), acordou, por unanimidade, concederlle o premio ao labor desenvolto desde a última edición á campaña Gústame o galego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O xurado destacou "a mensaxe positiva a prol do galego que vertebra esta iniciativa". A campaña, que xurdiu no seo do Viveiro de propostas normalizadoras e que a CTNL puxo a andar a finais de novembro de 2012, "foi espallándose por todo o país e consegue chegar aos máis diversos ámbitos sociais; visibiliza os apoios individuais ao uso da lingua e liga o idioma galego coas redes sociais e coa internet", segundo se recolle na acta de concesión do galardón.

Ademais, o xurado quixo salienter "o carácter social que enmarca todas as accións da CTNL e incidiu en que esta asociación une a profesionalidade dos seus membros co activismo social e o compromiso persoal e colectivo coa lingua". Tamén quixo mostrar "o seu apoio aos servizos de normalización lingüística municipais, que sufriron fortes recortes e desapareceron nestes últimos anos, e nos que traballan ou traballaron a meirande parte das persoas que compoñen a CTNL".

Xa son máis de 5.000 as persoas que participaron en Gústame o galego sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 11.500 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance da campaña na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70.000 persoas.

A entrega do Premio Xoán Manuel Pintos 2013 terá lugar nun acto público o día 28 de novembro en Pontevedra.

Nesta edición do certame tamén foi recoñecido o traballo continuado a prol do galego feito pola editorial Kalandraka.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego