CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15664 votos
Votar | | | |


28-11-2013

De xoves a domingo, a CTNL en Pontevedra, no Culturgal

De xoves a domingo, a CTNL en Pontevedra, no Culturgal
Este ano a CTNL xa imos para Pontevedra a véspera de comezar o Culturgal, e facémolo para recoller o Premio Xoán Manuel Pintos, concedido pola campaña Gústame o galego. E, de venres a domingo, estaremos no Pazo da Cultura, en Culturgal, onde o sábado pola mañá presentaremos a plataforma Agasallo.eu e pola tarde celebraremos o 1.º aniversario de Gústame o galego


Temos estes días unha apertada axenda en Pontevedra, onde vos agardamos a todas e a todos!

De venres a domingo estaremos co noso stand en Culturgal, para difundir a CTNL, o noso traballo, o traballo de cara o incremento do uso e prestixio da lingua galega que facemos todas e todos os membros da CTNL. Pasa por alí facer unha visitiña, eh!

E o sábado, no propio Culturgal, temos dúas citas importantes:

Agasallo.eu - Sábado 30, ás 12.45 h
Pola mañá, ás 12.45 h, faremos a primeira presentación da plataforma dixital de propostas de regalos en galego Agasallo.eu. Esta presentación está especialmente dirixida a empresas, profesionais, membros de servizos de normalización lingüística (SNL) e equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL). A plataforma Agasallo.eu, na que levamos xa un tempo traballando, estará operativa a comezos de decembro. Cando o estea, anunciarémolo convenientemente, mais, este sábado, xa podes vela e coñecela en exclusiva, ver as súas funcionalidades e potencialidades, o seu deseño, a súa xestión... Agardámoste!

Gústame o galego - Sábado 30, de 17.00 h a 21.00 h
E a nosa campaña Gústame o galego está de aniversario! Para celebralo, o fotocol volve ao Culturgal xusto o día que cumpre un ano! Este sábado 30, de 17.00 h a 21.00 h. Agardámoste para facer unha foto, turrar das orellas e soprar as candeas ;-)

E a axenda da CTNL xa comeza o xoves 28, pois imos recoller o premio que lle foi concedido á campaña Gústame o galego por parte do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL), o Premio Xoán Manuel Pintos polo fomento do galego, que tamén lle foi concedido á editorial Kalandraka.
O acto comezará ás 20.30 h no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra (CITA). Nel intervirá o trío Pi Grao e tamén estás convidad@!

Pois iso, vémonos en Pontevedra! ;-)


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego