13-01-2014Convocatoria de contrato de investigación xeolingüística no ILG
O Instituto da Lingua Galega (ILG) anuncia a convocatoria para a contratación de investigador/a para a edición e elaboración dos materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI)
PROXECTO-Título da actividade: Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI
-Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega
-Número de prazas: 1
OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO-Traballo para realizar: Transcrición de materiais de investigación xeolingüística. Revisión de transcricións de materiais de investigación xeolingüística. Actualización e mantemento da base de datos do proxecto
CONDICIÓNS DO CONTRATO-Retribución bruta mensual: 850,00 €
-Duración do contrato: 10 meses
-Data inicio prevista: 01/02/2014
-Data fin prevista: 30/11/2014
-Xornada laboral: tempo parcial
REQUISITOS E MÉRITOS DE CANDIDATOS/AS-REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas
-MÉRITOS: Experiencia en transcrición de textos (20%), experiencia no tratamento de datos lingüísticos dialectais (20%), publicacións científicas e participación en congresos (10%), participación en proxectos de investigación (20%), entrevista persoal ós candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (30%)
PRAZO DE SOLICITUDE10 días desde a publicación do anuncio
Máis información, aquí>